Saltar navegación.
Inicio

INICIO CURSO 2022 - 2023

INICIO CURSO 2022 - 2023

Estimadas familias:

 

Tendo en conta a evolución do contexto da COVID-19, informámoslles daqueles aspectos máis importantes a ter en conta durante este novo curso 2022-2023:

 

 ENTRADAS E SAÍDAS:

O alumnado usuario do TRANSPORTE ESCOLAR accederá ao centro no momento da chegada do autobús e permanecerá no patio/pavillón (E. Primaria) ou na terraza/porche (E. Infantil) ata o momento do inicio da actividade lectiva.

  - Educación Infantil: entrarán pola cancela automática, accedendo ao centro pola porta destinada a esta etapa.

    - Educación Primaria: entrarán pola cancela pequena e accederán ao patio e pavillón.

 O alumnado entrará só no centro.

Na saída das 14:15 sairán polo mesmo portal que utilizaron para entrar. As familias agardarán sempre fóra do recinto escolar.

 

O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR FUNCIONARÁ DA MESMA MANEIRA QUE O PASADO CURSO.

 

HORARIOS DE ENTRADA

- ALUMNADO USUARIO do TRANSPORTE ESCOLAR: No momento da chegado do autobús.

- ALUMNADO E. PRIMARIA: Entre as 09.05 e as 09.15 horas.

- ALUMNADO E. INFANTIL: Entre as 09.10 e as 09.15 horas.

-As familias con dous ou máis fillos/as nas dúas etapas DEBERÁN CHEGAR, PREFERENTEMENTE, NO HORARIO DO MÁIS PEQUENO/A.

 

COMEDOR ESCOLAR

O horario de comedor escolar será o mesmo que o curso anterior.

O alumnado de Educación Infantil comerá na súa propia aula, baixo a supervisión dunha coidadora por grupo.

O alumnado de Educación Primaria comerá na sala do comedor, distribuído en grupo heteroxéneos.

 

HORARIOS DE SAÍDA DO COMEDOR ESCOLAR

As familias que recollan aos seus fillos e fillas no colexio despois do servizo de comedor farano no seguinte horario:

 

CANCELA

AUTOMÁTICA

CANCELA

PEQUENA

15.20

EDUCACIÓN

INFANTIL

+

IRMÁNS EN E.

PRIMARIA

 
15.40  

5º e 6º

E. PRIMARIA

 

Reiteramos a importancia do cumprimento estrito dos horarios anteriores para evitar as aglomeracións e os tempos de espera no momento da saída.

 

INICIO DO CURSO:

XOVES, 8 de setembro.

O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) irase incorporando paulatinamente seguindo o período de adaptación.

Á maior brevidade posible, os distintos niveis de Educación Primaria serán convocados/as ás reunións iniciais de curso.

 

MEDIDAS HIXIÉNICAS A TER EN CONTA:

- Segundo as instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 das Consellerías de Educación e Sanidade, as MÁSCARAS serán OBRIGATORIAS UNICAMENTE NO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR para todo o alumnado de E. Primaria e altamente recomendables para o alumnado de E. Infantil durante o curso.

Moitas gracias pola vosa colaboración e BO CURSO!!