Skip to Content

Normalización

Achégase o Entroido

Bo día familias,

achégase o Entroido e este venres aparecerá no cole o Meco dando ordes para que veñamos disfrazados ou con complementos para a vindeira semana.

Enviamos a explicación do Entroido deste curso e as ordes que irá dando diariamente. Tamén engado un link a un vídeo de youtube onde aparecen distintos exemplos de disfrace, por se precisades inspiración.

Festipaz

Onte celebramos no cole a I edición do Festipaz. Participaron os distintos cursos de Primaria e houbo unha mistura de paz, talento e diversión.

Compartimos o vídeo para que o gocedes tanto coma nós! Esperamos que vos guste!

Diploma da Real Academia Galega

Hoxe recibimos unha carta da Real Academia Galega cun diploma en recoñecemento a participación do noso centro na divulgación  da vida e obra da autora Xela Arias, homenaxeada o curso pasado no Día das Letras Galegas.

Deixamos os enlaces enviados á Real Academia polo que nos foi concedido o presente diploma:

 

Declamación poemas alumnado 3º de primaria:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLhP99HS5rsY2WTlLNIWZAmkf8AuC9yEst

Declamación poemas alumnado 5º de primaria:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLhP99HS5rsY0sp87epgIWWMeF5UasxNcA

Celebración da semana cultural:

1º día: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbelesar/node/1569

2º día: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbelesar/node/1570

3º día: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbelesar/node/1572

 

diploma RAG

Festival de Inverno

Deixamos o vídeo das actuacións do Festival de Inverno, esperamos que gocedes del!

Vídeos do noso magosto e samáin

O pasado 28 e 29 de outubro celebramos no centro o Magosto e o Samaín. O xoves fomos ao campo de fútbol da Estivada, onde gozamos duns magníficos xogos organizados polo equipo de Dinamización para logo comer as riquísimas castañas que asamos coa axuda de Eduardo.

O venres o cole converteuse nunca casa do terror chea de vampiros, defuntos, pantasmas...foi xenial!

Deixamos uns vídeos para que vos acheguedes, un pouquiño, ao ben que o pasamos eses dous días Sorriso

 

Rap de 4º de Primaria

O alumnado de 4º de Primaria rapea a "Vampira de biblioteca" de Ledicia Costas.

 

3º día da Semana Cultural

A Semana Cultural chega ao seu fin e coma cada curso, acabamos marabillados das actuacións que os nosos nenos/as nos ofrecen.

Estamos rodeados de artistas! Guiño

 

Semana Cultural. Xoves 20

Xa escoitamos algún neno/a dicir: "tenía que ser semana cultural todos los días". Parece que estamos todos desfrutando destes días tan especiais Sorriso

Semana Cultural. Mércores 19

No noso primeiro día de actuacións desfrutamos a tope! 

Día de Rosalía

Este curso é distinto pero non por iso imos deixar de facer o máximo que podamos cos nosos nenos/as. Aínda que cheguemos tarde, porque a intensidade destes meses non nos permite que sexa doutra forma, celebramos nas distintas aulas con moita ilusión o Día de Rosalía.

Esperamos que desfrutedes deste recitado protagonizado polo alumnado de 5º de Primaria

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut