Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

DEREITOS HUMANOS

10 DE DECEMBRO :  DIA DOS DEREITOS HUMANOS

O día 10 de Decembro os rapaces do colexio crearon un mural cos traballos realizados nas aulas sobre os dereitos dos nenos, que foi exposto no patio cuberto do propio colexio.
DEREITOS 1  DEREITOS 2

 DEREITOS 3

DEREITOS 3   DEREITOS 4
          
DEREITOS 5   DEREITOS 6

ACTIVIDADES DE SAMAÍN E MAGOSTO

Do 31 de Outubro ó 7 de Novembro celebrouse no colexio a semana do Samaín e do Magosto co seguinte programa de actividades:

 

     - Durante toda a semana : decoración de todo o colexio para o Samaín e o Magosto

     - Venres 31 : Teatro e animación pola tarde, coa colaboración do Concello.

     - Martes 4 : "Pócima secreta" pola tarde.

     - Xoves 6: Exposición das cabazas feitas polos alumnos e pola tarde Magosto no patio   do colexio, con xogos populares.

     - Venres 7 : Premios das cabazas.

 

 samain 1                samain 2

 Cartel de benvida                                    Decoración das portas

 samain 3  samain 4

 Cartel dos acontecementos                       Traballos dos rapaces

 

samain 5  samain 6

Decoración do colexio                                Xogos populares

 

samain 7   samain 8

Decoración do patio cuberto                        Murais do Samaín

 

 

 
 samain 10

 

  Teatro e animación

 

 

 

CONCURSO DAS CABAZAS

 

Tódolos alumnos do Colexio da Barqueira participaron no concurso das cabazas deste ano. Mostra do seu traballo son as seguintes imaxes:

 

samain 10   samain 11

 Educación Infantil                                      1º e 2º curso

 

samain 12   samain 13

 3º curso                                                      4º curso

 

samain 14   samain 15

 5º curso                                                      6º curso

Exposición "Galicia, biodiversidade"

O CEIP da Barqueira, acolle estes días a exposición itinerante "Galicia, biodiversidade". Esta actividade foi programada coa colaboración do Concello de Cerdido e está promovida pola Consellería de medio ambiente e desenvolvemento sostible.

A mostra achega, a través de paneles expositivos, a diversidade de ecosistemas e variedades xenéticas que se conservan en Galicia; ao mesmo tempo trata de promover comportamentos positivos cara á conservación da natureza.

O venres, día 16, proxectarase un DVD ao alumnado sobre o tema e a continuación terá lugar unha charla explicativa. Esta charla será impartida por Almudena Ramos, pertencente á empresa CEM (cooperativa de educación mediambiental), que por segundo ano consecutivo se achega a este centro para dar a coñecer ao alumnado as nosas riqueza naturais e conciencialo da importancia da súa conservación.

biodiversidade  biodiversidade 2 
 biodiversidade 3  biodiversidade 4
 biodiversidade 5  biodiversidade 6

ACTIVIDADES DO CURSO 2007-2008

 

ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

*Visitamos o museo do humor de Fene e o parque de educación viaria no mesmo concello. Posteriormente levouse a cabo no colexio un obradoiro relacionado co tema no que participaron todos os alumnos do centro.

*Tivemos unha sesión de "Ciclobibliotecas" na que se animou aos alumnos a participar como lectores activos nas actividades relacionadas coa biblioteca.

.ciclobibliotecas

*Sesión de papiroflexia con participación activa do alumnado.

*Espectáculo a cargo do grupo teatral de Apader de Régoa que representaron "Naufraxio na illa de Non É".

*Presentación do cómic realizado por Gochi "Trasmaio e a Santa Compaña". Esta actividade foi ofertada polo concello de Cerdido con motivo da celebración do día dos dereitos dos nenos.

*Sesión de maxia a cargo do mago Marttín.

*Concurso de cabazas con motivo da celebración do Samaín e do Magosto, premiándose a máis "terrorífica", a máis "pequena", a máis "orixinal" e á máis "grande".  

*Festival de Nadal no que se levaron a cabo actividades  musicais , teatrais, desfile de modelos... O día de remate das actividades lectivas proxectouse a película "Toy story" para todo o alumnado.

ACTIVIDADES DO SEGUNDO TRIMESTRE

*Visita a Alcampo en Ferrol para ver as seccións nas que se pode dividir un hipermercado e coñecer, entre outras cousas, a diversidade de alimentos nas distintas culturas.  

*Visita ao Museo do Pobo Galego e á mostra de Galicia dixital, ámbolos dous na cidade de Santiago de Compostela.

*Viaxe á cidade da Coruña para visitar a Domus e o Acuario Finisterrae. Tamén vimos a exposición de Picasso na Fundación Barrié de La Maza.

picasso 

*  Actividades para celebrar o día da paz. Debido á proximidade coas datas do entroido a celebración foi conxunta: acordouse que cada ciclo representaría a unha raza distinta para que os nenos e nenas se conciencien da igualdade das persoas independentemente da súa raza, relixión, crenzas... No patio levouse a cabo un desfile no que participou cada un dos ciclos cos seus disfraces, cantando unha canción referente á súa raza. Posteriormente, todos xuntos cantamos unha canción alusiva á paz e rematamos coa lectura dos dereitos e deberes dos nenos.

Elaborouse un mural con nenos e nenas que representaban todas as razas do mundo e no que se  escribiu a palabra "PAZ" en diferentes idiomas.

mural 

            

paraguas 

       

 Programáronse e leváronse a cabo  xogos cooperativos nos que o obxectivo primordial era darse conta da importancia da colaboración de todos e todas.

*Celebración do día da muller traballadora: levouse a cabo unha actividade de contacontos a cargo do grupo "Picompé" no que se invitaba aos alumnos e alumnas a fuxir dos estereotipos e realizar as actividades que nos gustan independentemente de que sexamos mulleres ou homes, nenos ou nenas.

ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE

*Visita didáctica a unha granxa da localidade pioneira no uso das novas tecnoloxías nas tarefas de muxidura e limpeza.

 *Viaxe fin da etapa de primaria co alumnado deste ciclo á cidade de Madrid. Visitaron o Museo do Prado, Museo de Cera, Palacio Real, zoolóxico, parque acuático,parque de atraccións Warner Bros., Mosteiro do Escorial e Val dos Caídos.

*Visita ao muíño de Pedroso.

Distribuir contido


by Dr. Radut