Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

Día Internacional da Muller Traballadora

Este 8 de marzo celebramos no cole o "Día Internacional da Muller Traballadora". Primeiro preparamos un libro que recolle as entrevistas que o alumnado lle fixo a diferentes mulleres traballadoras e o rexistramos na biblioteca do cole para que quen queira poida collelo emprestado. Despois invitamos a cinco nais e a unha avoa para que nos contaran diferentes cuestións relacionadas coas súas profesións e finalmente proxectamos a entrevista en video á cal o alumnado de 4º, 5º e 6º someteu á actual xefa de estudos do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol "Xan Viaño" xa que por motivos de horario laboral non podía estar en persoa no noso cole. A verdade é que foi todo un éxito e os rapaces e rapazas se mostraron a mar de participativos coas súas preguntas.

Agradecemos enormemente a súa colaboración.

 

Ademais de todo isto o alumnado de 4º, 5º e 6º elaborou distintos modelos de broches en fieltro para agasallar ás mulleres que entrevistaron.


Entroido 2013

Como xa sabedes o Trasno Trouleiro quere aprender un montón de cousas sobre os insectos. Para axudarlle e con escusa do entroido o alumnado elaborou chamativos disfraces de bolboretas, abellas e cabalos do demo. Tamén aprenderon unha cantiga que cantaron diante dos seus pais e nais.




Unha árbore pola Paz

Facíanos ilusión transplantar esta árbore que tan ben coñecemos todos e todas o pasado 30 de Xaneiro, día da Paz pero por mor da choiva insistente que nos acompaña dende fai uns días non puido ser. Por iso ontes, 5 de Febreiro, primeiro día no que o ceo nos da unha tregua aproveitamos para transplantalo todos xuntos. Cantamos arredor del e o decoramos con pombas cargadas de bos desexos.

 

Día da Paz 2013

Hoxe, día da Paz festexamos o día cantando en corro unha cantiga que nos aprendeu a mestra de múscia e nos enxoiamos con pulseiras e diademas que fixemos cos nosos mestres e mestras. Despois os maiores do cole, coa colaboración dalgún meniño formaron con cordas, picas e ata co seu propio corpo a palabra Paz que tan presente debemos ter todos os días. Aquí podedes ver algunhas fotos.!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut