Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA

O luns, día 31 de xaneiro, todos os alumnos e alumnas de primaria viaxarán a Santiago de Compostela para asistir a un concerto no Auditorio de Galicia. Poderán disfrutar da ópera A Cincenta que consiste nunha divertida e orixinal adaptación para os nenos e nenas da ópera orixinal A Cenerentola de Gioachino Rossini.


FESTIVAL DE NADAL

 

  

O mércores día 22 de decembro, celebramos o Festival de Nadal ao que está invitada toda a comunidade educativa.

PROGRAMA

  • Chegada dos Reis Magos sobre as 11:30 horas para recoller as cartas das nenas e nenos e presidir o festival.
  •  Unha vez rematado o recibimento das Súas Maxestades iniciarase o festival no que intervirá todo o alumnado do centro:

               EDUCACIÓN INFANTIL

                    *Poesía: La hormiguita cojita

                    *Dramatización: As partes do corpo

                    *Canción: Cu-cú, tras-tras

               1º CICLO DE PRIMARIA

                    *Dramatización: El árbol de Navidad

                    *Panxoliña: Buscando Papá Noel

               2º CICLO DE PRIMARIA

                    *Dramatización: O circo

                    * Waka-Waka

              3º CICLO DE PRIMARIA

                    *Danza de las momias

                    *Dramatización: Los tres herederos

                    *Canción: El niño caníbal

Entrega de premios do XII Concurso de tarxetas de Nadal

As Súas Maxestades despediránse e repartirán caramelos para as  e os asistentes.

O XANTAR: 13:45 horas

SAÏDA DOS AUTOBUSES: 15:40

INICIO DAS CLASES: 10 de xaneiro.

                   

 

ELAS ENSINAN

Desde o día 16 de novembro ata o día 30 do mesmo mes poderase visitar no noso centro unha exposición que pretende ser unha homenaxe ás mulleres educadoras que foron as precursoras da incorporación da muller ao mercado laboral. Quen non recorda á aquelas mestras rurais que entregaban parte da súa vida para que as nenas e nenos saísen do illamento en que se atopaban? Desde  aquí o noso recordo para estas mulleres e  especialmente para aquelas que pasaron por o noso concello e que deixaron a súa pegada tanto nos que pasamos polas súas aulas coma nos veciños que as coñeceron.



 

EXCURSIÓN AO PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

 

A xornada do día 25 de Maio todo o colexio foi de excursión ao Parque Eólico de Sotavento.

Aquí podedes ver as imaxes da nosa viaxe. Preme na foto para ver máis.

Distribuir contido


by Dr. Radut