Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

BANDA DE MÚSICA "VILA DE CEDEIRA"

 

O luns 27 de Abril  unha representación da banda  de música "Vila de cedeira" realizou un concerto didáctico para todos os alumnos do noso colexio. Os rapaces escoitaron unha selección de obras musicais como:

- El carnaval de los animales, El Elefante, (Camile Saint-Säens)
- Yesterday (The Beatles)
- Oye como va (Tito Puente)
- El gato montes (pasodoble de Manuel Penella,arreglo para quinteto de metales)
- Adios Nonino (Tango de Astor Piazzolla)
- West side story 
 
 Ademáis tamén puideron coller coas súas mans os distintos instrumentos de vento e probar a tocar algunhas notas. Proba disto son as seguintes fotos:

 

     
     
     

CANCIÓN DO ENTROIDO

 entroido 1 entroido 2   entroido 3

 

 

A canción que interpretan os rapaces no desfile do Entroido 2009 realizouse coa música da canción tradicional galega " E pousa,e pousa" e a letra foi elaborada polos mestres do noso colexio. Esperamos que vos guste.

 

entroido 1   entroido 2

 

E POUSA, E POUSA

Murmuraban pola Barqueira

que era o ano da Astronomía,

Ay lara la lara la

Todos dicían que era moi certo

e miraban ó firmamento.

 

E pousa, e pousa, e pousa

menudo entroido, mira que cousa!

Ay lara la lara la

E pousa, e pousa, axiña,

menudo entroido que se aveciña.

 

 

Chega a tardiña sae a lúa,

espantando o sol pola rúa,

Ay lara la lara la

plántase alí, xusto no centro,

ela é a dona do firmamento.

 

RETROUSO

 

Que aventura tan alucinante

para os soles que son uns xigantes,

Ay lara la lara la

fannos poñer o bañador

suar e suar con tanta calor.

 

RETROUSO

 

As estrelas sempre que saen

moitos desexos nos traen,

Ay lara la lara la

hai quen di que as ve

cando lle pisan un pé.

 

RETROUSO

 

De noite chegan sen ser invitadas

todas de festa engalanadas,

Ay lara la lara la

polo día xa nos esquecen

pola noite desaparecen.

 

RETROUSO

 

Astronautas que xiran e xiran

vaia mareo para os que miran!

Ay lara la lara la

se non paran de mirar

xa se poden espatarrar!

 

RETROUSO

 

Viaxan con traxe espacial

 ó espazo sideral,

Ay lara la lara la

máis veloces que un foguete

onde se vive de rechupete.

 

RETROUSO

PROGRAMACIÓN DO DÍA DO ENTROIDO

 

O vindeiro venres día  20 de febreiro, os alumnos e alumnas do CEIP da Barqueira-Cerdido levaremos a cabo a celebración do Entroido co programa que a continuación se relaciona.

Todos os pais e as nais que o desexen poden acercarse ao centro para ver o desfile de comparsas.

 

PROGRAMA:

 

11.15 horas: Inicio das actividades.

11.15 a 12.00 horas: Desfile das comparsas e interpretación de cancións.

12.00 a 13.00 horas: Xogos

13.00 a 13.40: Festa rachada.

13.40 a 14.30: Xantar.

                       *Menú do día:

                                       - Sopa de cocido

                                       - Cocido

                                       - Postre: orellas

                                       - Bebida: refrescos variados.

14.30 a 15.40 horas: Recreo

15.40 horas: saídas dos autobuses cara as casas.

 

INICIO DAS CLASES: XOVES DÍA 26 DE FEBREIRO

ACTIVIDADES DE NADAL

 

 

 

 

 

 CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

 

 

Esta é a postal gañadora do "XI Concurso de tarxetas de Nadal". Foi realizada polo alumno de educación infantil Darío Breijo Novo.

postal

O profesorado, alumnado e persoal non docente deséxalles BO NADAL E FELIZ 2009!

 

FESTIVAL DE NADAL 2008

belén

O venres, día 21 de decembro, celebraremos o Festival de Nadal, ao que está invitada toda a comunidade educativa. Será presentado por alumnos de 3º de Primaria. Este é o programa:

*Cabalgata de Reis: sobre das 11:30 horas chegada dos Reis Magos de Oriente. Recollida de cartas e entrega de caramelos.

*Festival de Nadal:

Unha vez rematada a Cabalgata iniciarase o festival no que intervirán todos/as os/as alumnos/as do centro seguindo o programa que a continuación se relaciona.

Educación Infantil: Interpretarán as cancións que levan por título “Si, cantamos no Nadal” e “ As Zocas”.

1º Ciclo de Primaria: Interpretación das cancións “Os chineses” e “A buxaina e a piola” esta canción contará coa colaboración dos nenos e nenas do 3º curso de primaria.

3º Curso de Primaria: Interpretación da canción “Os instrumentos”

4º Curso de Primaria: Respresentación dun conto musical que leva por título “Conto de Nadal”

3º Ciclo Educación Primaria: Representación da obra teatral “Os apuros do rei Baltasar” e interpretación do baile que leva por título “Jingles Bells”

6º Curso de Primaria: Interpretación dos bailes “Hoxe estou aquí” e “Kiss me”

13.45 horas: Xantar

 

ESCRIBIMOS AOS REIS EN GALEGO

carta

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut