Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

Visita á Lonxa de Celeiro

O día 11 de outubro o alumnado do centro visitou á Lonxa de Celeiro co fin de aprender cousas sobre os peixes que alí se venden e así poder axudar ao Trasno Trouleiro co seu obxectivo de coñecer que animais viven no mar.


Na lonxa explicáronnos particularidades de diferentes tipos de peixe, pesáronnos na báscula e deixáronnos xogar co xeo triturado.


  



 

Galicia. Conservando a natureza.


Durante a semana do 15 ao 19 de outubro estivo no centro á disposición de todo aquel que quixera vir vela a exposición itinerante "Galicia, conservando a natureza" e o venres 19 un monitor achegouse ata aquí a amosarlla aos nosos rapaces e rapazas. Aquí vos deixamos unhas fotos do momento.



 


VIAXE A MADRID

O alumnado do 3º ciclo xa regresou da tan esperada viaxe de fin de curso a Madrid.

Pasárono en grande visitando a cidade de Segovia, o estadio Santiago Bernabeu, o Museo do Prado, o Zoo, o Parque Warner e San Lorenzo do Escorial. Se queredes ver as fotos que lles fomos sacando visitade a galería premendo aquí.

 

Acueducto de Segovia

Samain e Magosto 2011

 

 

Xa chegou o Samaín ao noso cole e por iso dedicamos toda esta semana a realizar nas aulas actividades relacionadas con el.

Os alumnos e alumnas decoraron as súas cabazas con moita ilusión e agora toca expoñelas para disfrute de todo o mundo.

 

Preme na foto para ir á galería de imaxes.

Como recompensa degustarán un menú terrorífico a base de "Vasoira de meiga", "Ollos de pantasma en papas de sesos" , "Flan tembleque"e unhas castañas asadas deliciosas.

Preme na foto para ver a galería de imaxes.

A continuación realizaranse xogos para que este día sexa toda unha festa.

Distribuir contido


by Dr. Radut