Skip to Content

ACTIVIDADES DO CURSO 2007-2008

 

ACTIVIDADES DO PRIMEIRO TRIMESTRE

*Visitamos o museo do humor de Fene e o parque de educación viaria no mesmo concello. Posteriormente levouse a cabo no colexio un obradoiro relacionado co tema no que participaron todos os alumnos do centro.

*Tivemos unha sesión de "Ciclobibliotecas" na que se animou aos alumnos a participar como lectores activos nas actividades relacionadas coa biblioteca.

.ciclobibliotecas

*Sesión de papiroflexia con participación activa do alumnado.

*Espectáculo a cargo do grupo teatral de Apader de Régoa que representaron "Naufraxio na illa de Non É".

*Presentación do cómic realizado por Gochi "Trasmaio e a Santa Compaña". Esta actividade foi ofertada polo concello de Cerdido con motivo da celebración do día dos dereitos dos nenos.

*Sesión de maxia a cargo do mago Marttín.

*Concurso de cabazas con motivo da celebración do Samaín e do Magosto, premiándose a máis "terrorífica", a máis "pequena", a máis "orixinal" e á máis "grande".  

*Festival de Nadal no que se levaron a cabo actividades  musicais , teatrais, desfile de modelos... O día de remate das actividades lectivas proxectouse a película "Toy story" para todo o alumnado.

ACTIVIDADES DO SEGUNDO TRIMESTRE

*Visita a Alcampo en Ferrol para ver as seccións nas que se pode dividir un hipermercado e coñecer, entre outras cousas, a diversidade de alimentos nas distintas culturas.  

*Visita ao Museo do Pobo Galego e á mostra de Galicia dixital, ámbolos dous na cidade de Santiago de Compostela.

*Viaxe á cidade da Coruña para visitar a Domus e o Acuario Finisterrae. Tamén vimos a exposición de Picasso na Fundación Barrié de La Maza.

picasso 

*  Actividades para celebrar o día da paz. Debido á proximidade coas datas do entroido a celebración foi conxunta: acordouse que cada ciclo representaría a unha raza distinta para que os nenos e nenas se conciencien da igualdade das persoas independentemente da súa raza, relixión, crenzas... No patio levouse a cabo un desfile no que participou cada un dos ciclos cos seus disfraces, cantando unha canción referente á súa raza. Posteriormente, todos xuntos cantamos unha canción alusiva á paz e rematamos coa lectura dos dereitos e deberes dos nenos.

Elaborouse un mural con nenos e nenas que representaban todas as razas do mundo e no que se  escribiu a palabra "PAZ" en diferentes idiomas.

mural 

            

paraguas 

       

 Programáronse e leváronse a cabo  xogos cooperativos nos que o obxectivo primordial era darse conta da importancia da colaboración de todos e todas.

*Celebración do día da muller traballadora: levouse a cabo unha actividade de contacontos a cargo do grupo "Picompé" no que se invitaba aos alumnos e alumnas a fuxir dos estereotipos e realizar as actividades que nos gustan independentemente de que sexamos mulleres ou homes, nenos ou nenas.

ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE

*Visita didáctica a unha granxa da localidade pioneira no uso das novas tecnoloxías nas tarefas de muxidura e limpeza.

 *Viaxe fin da etapa de primaria co alumnado deste ciclo á cidade de Madrid. Visitaron o Museo do Prado, Museo de Cera, Palacio Real, zoolóxico, parque acuático,parque de atraccións Warner Bros., Mosteiro do Escorial e Val dos Caídos.

*Visita ao muíño de Pedroso.



page | by Dr. Radut