Skip to Content

Exposición "Galicia, biodiversidade"

O CEIP da Barqueira, acolle estes días a exposición itinerante "Galicia, biodiversidade". Esta actividade foi programada coa colaboración do Concello de Cerdido e está promovida pola Consellería de medio ambiente e desenvolvemento sostible.

A mostra achega, a través de paneles expositivos, a diversidade de ecosistemas e variedades xenéticas que se conservan en Galicia; ao mesmo tempo trata de promover comportamentos positivos cara á conservación da natureza.

O venres, día 16, proxectarase un DVD ao alumnado sobre o tema e a continuación terá lugar unha charla explicativa. Esta charla será impartida por Almudena Ramos, pertencente á empresa CEM (cooperativa de educación mediambiental), que por segundo ano consecutivo se achega a este centro para dar a coñecer ao alumnado as nosas riqueza naturais e conciencialo da importancia da súa conservación.

biodiversidade  biodiversidade 2 
 biodiversidade 3  biodiversidade 4
 biodiversidade 5  biodiversidade 6



page | by Dr. Radut