Admisión de alumnado

PUBLICADA LISTAXE DE ADMITIDAS/OS PARA O CURSO 2020/2021

Xa se pode consultar no taboleiro do centro a listaxe de alumnas/os admitidas/os para o vindeiro curso 2020/2021.

O prazo para formalizar a matrícula é do 1 ao 10 de xullo. O centro permanecerá aberto nesas datas de luns a venres de 11:00h a 12:00h. Precisa cubrirse o modelo que se achega nesta publicación e a seguinte documentación:


- 4 fotos tamaño carnet da/o alumna/o.
- Fotocopia das tarxetas sanitarias dos proxenitores e da/o alumna/o.
- Fotocopia do boletín de vacinacións da/o alumna/o.
- Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.
- Certificado médico da/o alumna/o no que se explicite que padece ou non enfermidades graves e/ou contaxiosas.

Un saúdo.

REACTIVACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Como xa sabedes, o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso foi paralizado coa suspensión das clases por mor da COVID-19.
 
O próximo luns reactívase dito proceso. Os prazos van dende o 11 ao 18 de maio, ambos os dous incluídos, para a presentación de solicitudes (os que non o tiverades feito con anterioridade á suspensión das clases).
 
Recolleremos as solicitudes no colexio, que permanecerá aberto de luns a venres en horario de 11:00h a 12:00h ata finalizar o prazo.

PROCESO DE ADMISIÓN 2020/2021

As solicitudes de admisión de alumnado realizaranse mediante o modelo anexo II ( ED550B da sede electrónica da xunta). Tamén se pode recoller e entregar o modelo no centro educativo.

 

O PRAZO É DO DÍA 1 AO 20 DE MARZO, ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS.

 

Toda a información oficial será colgada no taboleiro do colexio.

 

EDITADO 13/03/2020:

DADA A SITUACIÓN ACTUAL O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PROLONGARASE UNHA SEMANA  DESPOIS DA VOLTA ÁS AULAS.

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

Lembramos que todos aqueles alumnos e alumnas de 6º de primaria que queiran facer a reserva para o IES Punta Candieira (centro adscrito) deben cubrir o modelo ED550A-C, que se pode descargar da web: www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou pedir no centro escolar. Despois hai que entregalo na dirección do colexio.

Asemade, pódese cubir e entregalo a través da sede electrónica da Xunta se se dispón de certificado dixital.

O prazo remata o 17 de febreiro.

Se tedes calquera dúbida, consultade no centro escolar.

Distribuir contido