Skip to Content

Admisión de alumnado

Reserva de praza no IES Punta Candieira para o alumado de 6º de Educación Primaria para o curso 2014/2015

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES Punta Candieira (Cedeira) deberá cumprimentar o Anexo I da Orde do 12 de Marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) e entregalo neste centro antes do 14 de Febreiro. Dito anexo está dispoñible na dirección do centro ou pódese descargar aquí.

O obxecto deste procedemento é o de reservar praza no IES adscrito ao noso centro, facendo prevalecer a  prioridade do noso alumnado na admisión. Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido nese centro (maio), dita reserva terá carácter vinculante, co cal non se poderá solicitar a admisión noutro centro sen renunciar expresamente e por escrito a esta.

O conseguinte procedemento de formalización de matrícula, realizarase no centro de destino entre o 25 e 10 de xullo, na forma que alí indiquen.

Calquera dúbida ao respecto atenderase na dirección do centro.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 13/14

Infórmase aos pais, nais e titores/as legais que queiran matricular ao alumnado de nova incorporación a este centro que deberán entregar a solicitude de admisión entre os días 5 e 17 de abril cumprimentando o ANEXO II (Solicitude de admisión).

 

Tanto os Anexos como a Orde completa pódende descargar clicando aquí.

 

 

INSTRUCIÓNS:

  1. O prazo de presentación da solicitude de admisión abrangue dende o día 5  ata o 17 de abril, ámbolos dous incluídos.


  2. A solicitude axustarase ao modelo oficial (anexo II) que poden descargar desde aquí ou recoller na secretaría do centro.


  3. Xunto coa solicitude de admisión deberán achegar copia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia acreditativo da súa idade.


  4. Calquera dúbida que teñan ao respecto seralles aclarada pola dirección do centro.

MATRÍCULA CURSO 2012-2013

Infórmase a todos os pais e nais con nenos e nenas en idade escolar que desexen levar a cabo a solicitude de admisión neste centro que se atopa aberto o prazo de solicitude.

INSTRUCIÓNS:

  1. O prazo de presentación da solicitude de admisión abrangue dende o día 1 de marzo ata o 10 de abril, ámbolos dous incluídos.
  2. A solicitude axustarase ao modelo oficial (anexo II) que poden descargar desde aquí ou recoller na secretaría do centro.
  3. Xunto coa solicitude de admisión deberán achegar copia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia acredidtativo da súa idade.
  4. Calquera dúbida que teñan ao respecto seralles aclarada pola dirección do centro.

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2011-2012

Infórmase a tódolos pais e nais con fillos/as en idade escolar que desexen levar a cabo a solicitude de admisión neste centro, que se atopa aberto o prazo.

O prazo de presentación da solicitude de admisión abrangue dende o 1 marzo ata o 31 do mesmo mes, ámbolos dou inclusive.

A solicitude axustarase ao modelo oficial (anexo II) que poderán pasar a recoller na  secretaría do centro.

 Máis información no seguinte enlace

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut