Skip to Content

Admisión de alumnado

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE SEXTO EP PARA O IES PUNTA CANDIEIRA

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 

O prazo de presentación abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

 

FOLLA A CUMPRIMENTAR: 

O modelo ED550A e os anexos estarán dispoñibles a partir da data de inicio do correspondente prazo de presentación: na aplicación admisionalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e no centro docente onde se facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel ás persoas interesadas que a soliciten.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

Poderase presentar de forma electrónica e presencial.

 

a) Presentación electrónica de solicitudes:

1. A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado

(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumando) e cubrir o modelo ED550A - anexo I  para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.

2. Ademais, terán que cubrir o modelo anexo I-bis ou o modelo anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), segundo corresponda, imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.

3. A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura do punto 1. Xunto coa solicitude deberá achegar o anexo I-bis ou o anexo II-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...).

4. O xustificante da presentación electrónica da solicitude só se xera cando a persoa a asine e a presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e indica a data de presentación.

 

b) Presentación presencial de solicitudes:

1. A solicitude de reserva (ED550A) e o anexo I-bis, pode presentarse no centro docente no que estea matriculado nese momento o alumnado (neste caso o CEIP da Barqueira).

Tamén se pode presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. Tamén deberá ir acompañada da documentación indicada no anterior punto 3 da letra a).

 

3. É necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.

En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra.

Non obstante, nos casos de ausencia puntual da outra persoa proxenitora non separada nin divorciada, ou da outra persoa titora ou acolledora por circunstancias excepcionais (laborais, familiares, ...), poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

O período para formalizar a matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Os impresos de solicitude pódense recoller no centro ou descargar nos enlaces.

Documentación que se solicita para formalizar a matrícula:

  • Documento de formalización de matrícula cuberto e asinado. (Anexo III-1)
  • Fotocopia da folla do Libro de Familia na que figure inscrito o/a alumno/a.
  • Fotocopia do Libro de Familia Numerosa, se é o caso.
  • Fotocopia da tarxeta do SERGAS ou equivalente.
  • Certificado Médico no que conste que non padece enfermidade infectocontaxiosa.
  • Cartilla de vacunación.
  • Certificación académica do centro no que o/a alumno/a estivo matriculado no curso 2022/2023 (para o alumnado de Educación Primaria).
  • Certificado de discapacidade, se é o caso.
  • Catro fotos tamaño carné co nome ao dorso.

Con toda a documentación deben de traer os seus orixinais e copias.

ADMISIÓN ALUMNADO 2023-2024

Todo o alumnado que solicitoun praza para o curso 2023-2024 está admitido.

ADMISIÓN CURSO 2023/2024

A continuación preséntanse as datas referidas ao proceso de admisión do alumnado, segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos púlicos que impartan enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación".
 
-SOLICITUDES DE ADMISIÓN: DO 01 AO 20 DE MARZO.
 
-PUBLICACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS ANTES DO 25 DE ABRIL.
 
-PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS ANTES DO 15 DE MAIO.
 
-MATRICULACIÓN DO ALUMNADO DO 20 AO 30 DE XUÑO.
 
No centro escolar temos solicitudes á vosa disposición, asemade podedes descragalas no enlace de abaixoENLACE Á SOLICITUDE: GALEGO  CASTELÁN
 
Podedes descargar as instruccións relativas ao desenvolvemento do proceso de admisión nos datos adxuntos a esta mensaxe.
Distribuir contido


by Dr. Radut