Skip to Content

Admisión de alumnado

Reserva de praza no IES Punta Candieira para o alumnado de 6º de EP no curso 2016/2017

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES Punta Candieira (Cedeira) deberá cumprimentar o Anexo I da Orde do 12 de Marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) e entregalo neste centro ata o 15 de Febreiro. Dito anexo está dispoñible na dirección do centro ou pódese descargar aquí.

O obxecto deste procedemento é o de reservar praza no IES adscrito ao noso centro, facendo prevalecer a  prioridade do noso alumnado na admisión. Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido nese centro (maio), dita reserva terá carácter vinculante, co cal non se poderá solicitar a admisión noutro centro sen renunciar expresamente e por escrito a esta.

O conseguinte procedemento de formalización de matrícula, realizarase no centro de destino no mes de xullo, na forma que alí indiquen.

Calquera dúbida ao respecto atenderase na dirección do centro.

Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2015/2016

 

Todos os nenos e nenas que solicitaron praza no noso cole para o vindeiro curso, resultaron admitidos/as.

Recordade que a formalización de matrícula realizarase entre o 18 e 0 30 de Xuño

 

Aquí podedes ver a listaxe de admitidos/as:

 

4º de Educación Infantil:

  • Martínez Santalla, Noa
  • Otero Castro, Thiago
  • Quiroga López, Leire
  • Rico García, María
  • Vieira Bustabad, Rosalía
  • Couce Lamigueiro, Inés

Listaxe definitiva de admitidos/as no CEIP da Barqueira para o curso 2014/15

 

Todo o alumnado que presentou solicitude no CEIP da Barqueira para o vindeiro curso resultou admitido. Aquí podedes consultar a listaxe definitiva:

4º de Educación Infantil

  • Mateus dos Santos, Miguel
  • Pérez Rodríguez, Nicolás
  • Ramos Teijeiro, Ainhoa
  • Cebreiro Pazos, Uxía
  • Díaz Hermida, Gisela
  • Ferreira Hermida, Sheila
  • González Sedes, Andrés
  • Hermida López, Carla
  • Hermida López, Noelia

 

5º de Educación Infantil

  • Mendez Solano, Miguel
  • Mourente Figueiras, Enma 

 

Procedemento de admisión e matrícula para o curso 2015/2016

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO:

  • Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinazas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (Pódese ver no ARQUIVO ADXUNTO 1, a pé de páxina)
  • Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan as ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (Pódese ver no ARQUIVO ADXUNTO 2, a pé de páxina)
  • Instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumando en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2015/2016 (Pódese ver no ARQUIVO ADXUNTO 3, a pé de páxina)
  • Instruccións para os centros sostidos con fondos públicos da Xefatura Territoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña sobre o proceso de admisión de alumnado (2015-2016) (Pódese ver no ARQUIVO ADXUNTO 4, a pé de páxina)

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2015/2016.

 

 

curso

ordinarios

reservados n.e.a.e.

total

educación infantil

4º (3 anos)

22

3

25

5º (4 anos)

16

0

16

6º (5 anos)

21

0

21

educación primaria

17

3

20

21

0

21

19

0

19

21

0

21

18

0

18

21

0

21

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA.

O prazo para presentar solicitude de admisión será durante os días 2-23 de Marzo. A solicitude será única e de carácter vinculante, presentándose no centro que se solicite praza en primeiro lugar.

Deberá presentarse a seguinte documentación:

  • Solicitude de admisión (anexo II) debidamente cumprimentada e asinada por ambos proxenitores. Poderase solicitar o impreso na dirección do centro (ou descargar o ARQUIVO ADXUNTO 8, a pé de páxina).
  • Libro de familia.
  • DNI dos proxenitores e do alumno/a, se dispón del.

O prazo para a presentación acreditativa do baremo, será dende o 23 de marzo ao 3 de abril. Isto sería únicamente necesario se houbera unha demanda de prazas superior á oferta.

 

PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS/NON ADMITIDOS.

Listaxe provisional: antes do 24 de abril. As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles, contados a partires do día seguinte á publicación desta listaxe.

Listaxe definitiva: antes do 15 de maio.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.

O prazo para a formalización da matrícula será entre os días 18-30 de Xuño.

Deberase presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de matrícula (anexo III-1) debidamente cumprimentada, a cal se poderá solicitar na dirección do centro (ou descargar o ARQUIVO ADXUNTO 9, a pé de páxina)
  • 4 fotos tamaño carné do alumno/a.
  • Fotocopia das tarxetas sanitarias dos proxenitores do alumno/a.
  • Fotocopia do boletín de vacinas do alumno/a.
  • Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.
  • Certificado médico do alumno/a no que se explicite que padece ou non enfermidades graves e/ou contaxiosas.

 

CENTROS ADSCRITOS E DE ADSCRICIÓN.

Adscritos: non temos.

De adscrición: I.E.S. Punta Candieira, en Cedeira.

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO.

Abrangue as 3 parroquias do concello de Cerdido, A Barqueira, Cerdido e Os Casás. As áreas limítrofes serían os concellos de Cedeira, As Somozas, Moeche, Valdoviño e Ortigueira.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS.

O centro oferta de maneira complementaria os seguintes servizos:

  • Transporte escolar, regulado pola Instrucción 3/2014 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 5 de Xuño, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2014-2015 (Pódese ver no ARQUIVO ADXUNTO 5, a pé de páxina)
  • Comedor escolar, regulado polo Decreto 132/2013, do 1 de Agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competnecias en materia de educación (Pódese ver no ARQUIVO ADXUNTO 6, a pé de páxina) e pola Instrución 1/2014 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 14 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2014-2015 (Pódese ver no ARQUIVO ADXUNTO 7, a pé de páxina).

O alumnado que desexe facer uso destes servizos deberá expresalo debidamente tanto na súa solicitude de admisión como na conseguinte formalización de matrícula.

 

 

Calquera dúbida ao respecto, será aclarada na dirección do centro, preferentemente en horario de 10:00 a 11:00.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut