Skip to Content

Admisión de alumnado

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2022-2023 estará aberto do 01 ao 21 de marzo de 2022.

 

O proceso pode realizarse de forma manual, entregando no centro escolar a instancia que se anexa ao final desta nova,  ou a través da aplicación "admisionalumnado", na páxina web oficial da Consellería de Educación, entregándoo en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará a Chave 365 ou o certificado dixital.

ADMISIÓN ALUMNADO

Dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro (ambos inclusive) queda aberto o prazo de solicitude de reserva de praza no IES Punta Candieira para o vindeiro curso. Pódense presentar as solicitudes en formato de papel (modelo ED550A) neste centro (CEIP da Barqueira) ou a través da aplicación "admisión alumnado".

Modelo ED550A (I)

Modelo ED550A (II)

 

Pódese consultar toda a información relativa ao respecto no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

 

PUBLICADA LISTAXE DE ADMITIDAS/OS PARA O CURSO 2020/2021

Xa se pode consultar no taboleiro do centro a listaxe de alumnas/os admitidas/os para o vindeiro curso 2020/2021.

O prazo para formalizar a matrícula é do 1 ao 10 de xullo. O centro permanecerá aberto nesas datas de luns a venres de 11:00h a 12:00h. Precisa cubrirse o modelo que se achega nesta publicación e a seguinte documentación:


- 4 fotos tamaño carnet da/o alumna/o.
- Fotocopia das tarxetas sanitarias dos proxenitores e da/o alumna/o.
- Fotocopia do boletín de vacinacións da/o alumna/o.
- Certificado de empadroamento dos membros da unidade familiar.
- Certificado médico da/o alumna/o no que se explicite que padece ou non enfermidades graves e/ou contaxiosas.

Un saúdo.

REACTIVACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Como xa sabedes, o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso foi paralizado coa suspensión das clases por mor da COVID-19.
 
O próximo luns reactívase dito proceso. Os prazos van dende o 11 ao 18 de maio, ambos os dous incluídos, para a presentación de solicitudes (os que non o tiverades feito con anterioridade á suspensión das clases).
 
Recolleremos as solicitudes no colexio, que permanecerá aberto de luns a venres en horario de 11:00h a 12:00h ata finalizar o prazo.
Distribuir contido


by Dr. Radut