Entroido

O MECO MANDA PARA O MARTES...

PERO.... QUE BEN O FIXESTES!

Despois do luns vén o martes. E non hai xeito de librarse deste MECO cinematográfico.

Uffffffff !!!!!

Este, de seguro, que non lle daban un Goya. Que pesado!

Para o MARTES 6 DE FEBREIRO manda que traiamos o do luns máis...

 

O MECO MANDA, PORQUE LLE GUSTA MANDAR!

Pois... era visto!

Pasou un ano e volve estar aquí! Que MECO máis pesado coas súas ordes!

A ver que se lle ocorreu para estes días?

Aquí tendes a PRIMEIRA,

PARA O LUNS NON ESQUEZADES:

 ORDE DO MECO PARA LUNS

UN ENTROIDO DE PELÍCULA, CHAMA Á PORTA DO COLEXIO BALAÍDOS.

Achégase o ENTROIDO!

O luns 5 de febreiro comezan as celebracións desta tradicional festa, da que dende sempre gozamos no noso cole. Este ano xira arredor do que é o noso proxecto anual: O CINE.

A nosa escola estase poñendo "DE PELÍCULA"!!!!!!!

De luns a xoves (do 5 ao 8 de febreiro) teremos que aturar unha vez máis ao insufrible MECO.

Abofé que vos é ben pesado! Queimámolo un ano e... volve ao seguinte!

Cada día vainos amolar de novo coas súas ordes para vir disfrazados co que el mande.

Mais, din por aquí que o venres vai ser xulgado e, case que seguro, queimado.

Como xa vén sendo cotián, o alumnado de 5º anda a pensar e redactar as ORDES DO MECO e os de 6º, rematando o seu XUIZO E TESTAMENTO.

Estade ben tranquilos, nais e pais do noso alumnado, e tede por seguro que vos informaremos de horarios e demáis detalles a ter en conta o vindeiro

VENRES DÍA 9 DE FEBREIRO. 

Agardemos que non nos chova!   Con este MECO tolo, todo pode ser posible!

Deixámosvos aquí estas imaxes. Están relacionadas cos disfraces e comparsas dos respectivos niveis de alumnos. Se premedes sobre elas, indicaravos o curso que leva ese disfrace e un minivideo da película.

Mickey_APRENDIZ DE BRUJO        

  

  

Entroido 2016.

O tema do entroido este ano foi Vigo. O noso centro encheuse de dinosetos, merdeiros, animais do zoo, pescadores, sereos e sereas, celtistas, vigueses da reconquista e franceses... Despois do desfile o meco recibíu o seu castigo ao lume por todo o malo que pasou durante o ano. 

 
Podedes ver as descargar as fotos aquí.

Os mandatos do Meco.

A unha semana da celebración do entroido apareceu no cole a figura do Meco. Este ano é un castelo.

Como todos os anos, os días previos a celebración do entroido irá mandándonos cousas. O próximo mandato é:

Achégase o entroido!

En poucas semanas chegará o entroido. Como o ano pasado os corredoiros da primeira planta adornáronse con distintas figuras do entroido galego. Se queredes ver máis fotos pasade pola Lareira dixital.

 

Celebramos o entroido!!

Pese a choiva, os nenos e nenas do noso centro puideron celebrar o desfile do entroido, onde luciron os seus disfraces. Todos eles relacionados co tema da Luz. Aquí temos as fotos do desfile de infantil.
 
 
 
 
 
 

Vacacións Entroido

Infórmase que os días 16, 17 e 18 de febreiro non haberá clases: son días non lectivos declarados pola Consellería de Educación como vacacións de Entroido.

 

 

 AVISO: Por se queren presenciar o desfile do Entroido, informámoslles que será o venres día 13 ás 12:45, sempre que o tempo o permita. A porta do río abrirase cinco minutos antes.

No caso de que chova suspenderase o desfile.

Os nenos/as non se poden recoller antes das 14:00.

AS ORDES DO MECO

 Como todos os anos cando vai empezar o entroido o Meco que preparan os nenos e nenas de 6º "suxire" as súas ordes para cada día da semana.

Queredes saber cales son as deste ano?

Pois... aquí as tedes!

Para o LUNS 9, o Meco di:

"Música disco hai que bailar,

para a semana alegrar"

Para o MARTES 10, o Meco di:

"En pixama e zapatillas tes que vir,

para poderte divertir"

Para o MÉRCORES 11, o Meco di:

"De moitas cores hai que vir,

para ao Meco facer rir"

Para o XOVES 12, o Meco di:

"De rapeiro virás,

e así rapearás"

E o VENRES 13, o Meco di:

Achégase o entroido

O entroido está preto, e iso nótase no cole. Xa adornan as paredes debuxos de Merdeiros, Pantallas, Cigarróns... e máis!!

Distribuir contido

Back to top