PROGRAMACIÓNS PRIMARIA

A continuación poden consultar as programacións dos diversos niveis de Educación Primaria. Clica no ciclo que necesites consultar.

 PRIMEIRO CICLO

SEGUNDO CICLO

TERCEIRO CICLO

CUARTO CICLO

QUINTO CICLO

SEXTO CICLO

VISITA AO MUSEO LISTE: "A VIDA DEBUXADA"

O venres 15 de decembro, o alumnado de 1º de Educación Primaria visitou o Museo Liste para participar na actividade: Mariano Marcos Abalo "A vida debuxada".

A actividade xirou en torno a figura de Mariano Marcos Abalo, debuxante, escritor, autor do célebre "Conxuro da queimada" recitado moitas veces en múltiples celebracións en toda Galicia. Os seus debuxos foron os protagonistas desta actividade.

A través de xogos, traballamos o recoñecemento dos oficios, identificación de pezas ou configuración de debuxos seguindo simples trazos ou acertixos.

Tamén creamos o noso propio Moucho.

Visita dos Reis Magos

Hoxe os nenos e nenas de infantil tiveron a visita dos Reis Magos de Oriente. Puideron falar con eles e pedir os agasallos desexados.

Os nenos e nenas de infantil foron a correos

Coma tódolos anos os nenos e nenas de infantil foron a correos para enviar a súa carta.

Adornos de Nadal

Moitas grazas familias pola vosa  colaboración na realización desta decoración

It's Christmas!

Estas últimas semanas do primeiro trimestre, o alumnado de 1º ciclo estivo traballando en Arts sobre:

1. Frida Kahlo: este trimestre coñecemos a figura desta artista e fixemos un retrato dela con tempera e bastoncillos.

2. Coñecemos máis sobre a cultura da nosa auxiliar de conversa Carol: estivemos aprendendo sobre a festifividade do Thanksgiving e aproveitamos para facer un pavo: coas nosas mans!

3. Creamos postais de Nadal para felicitarlle as festas ás nosas e nosos compañeiros.

4. Fixemos adornos para a árbore de Nadal de Papá Noel!

5. E por último, pero non menos importante... Fixemos en grupo unha árbore de Nadal!

Saída ao parque da Bouza

O alumnado de 2ºde EP foi ao arque da Bouza a reforzar o aprendido en ciencias sobre as plantas. Alí tivemos varias misións coma por exemplo atopar arbustos, árbores de folla caduca e perenne, ecosistemas...

O pasamos xenial!

Saída ao parque da Bouza

INFORMACIÓN SOBRE O PORTEIRO VIXIANTE

ASUNTO:

 

INFORME DA SITUACIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS

DE INFANTIL E PRIMARIA DA CIDADE DE VIGO

 

 

Prezadas familias:

 

A Asociación de Directoras e Directores de Colexios Públicos de Vigo (ADICOPUVI) e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (FOANPAS) queremos facervos chegar a seguinte e importante información:

 

 

Dende hai varios anos e xa antes da pandemia mantivemos reunións coas autoridades responsables en materia de mantemento, conservación e novas obras (Concellería de Educación, Alcaldía e Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra) co obxecto de dar a coñecer o estado de deterioro das instalacións públicas nos que día a día cerca de 5.000 estudiantes dos centros educativos de infantil, primaria e educación especial desenvolven a súa vida académica e social.

 

 

Esta situación de déficit concrétase en deficiencias ambientais, eléctricas, de ventilación e climatización, de peche de recintos, de baños con falta de salubridad, caldeiras anticuadas e con avarías constantes, comedores con escaso espazo, de espazos axardinados sen mantemento, etcétera. En todas as reunións mantidas e incluso en estudos de auditoría realizados dende o propio Concello, confírmase esta realidade, ao mesmo tempo, que se comprometen accións que non se materializan e que fan aumentar, curso tras curso, as carencias nomeadas ou se proxecta a solución desta problemática en convenios entre Administracións que nunca chegan por falta de acordos conxuntos entre as mesmas. As condicións ambientais de traballo educativo e profesional están moi por debaixo da normativa de Saúde Laboral en canto a factores como temperatura, iluminación ,ventilación e insonorización. A antigüidade dos centros educativos de Vigo, en moitos casos con máis de corenta anos de vida, non cumpre na maioría dos casos cuns estándares de confortabilidade axeitados para o desenvolvemento dos nenos e nenas da cidade en pleno século XXI.

 

 

Entre os temas que están a causar malestar entre as comunidades educativas ( equipos directivos, equipos docentes, familias e ANPAS) está a pésima e xa permanente xestión dos porteiros vixiantes dos centros escolares, unha figura histórica e integrada na vida dos centros que dotaba de autonomía á vida dos edificios escolares no seu mantemento, seguridade e coidado. A día de hoxe son arredor de 28 dos 49 centros escolares os que non teñen cuberta esta importante praza e abocan aos centros a solventar con precariedade as súas tarefas diarias, proxectando unha imaxe de abandono e inseguridade. Os equipos directivos e os equipos educativos dos centros está a realizar tarefas de apertura, peche e vixilancia e tarefas complementarias que son competencia municipal, como así o reflexan os diferentes regulamentos educativos e administrativos. Este incumprimento provoca situacións complicadas , conflictivas e de seguridade en distintos momentos escolares: entradas, saídas, chegada e recollida de alumnado, etcétera.

 

 

Dos citados 49 centros educativos de Ed. Infantil e Primaria Vigo, 21 contan con persoal municipal adscrito con carácter de fixos (oficiais de mantemento ou porteiros vixiantes) mentres nos outros 28 veñen sendo nomeados por periodos de seis meses traballadores de xeito provisional dende fai uns dez anos aproximadamente. Nos últimos anos os centros teñen estado sen este persoal durante longos periodos de tempo entre contratación e contratación ou por falta de efectivos para cubrir baixas de longa duración. O devenir do tempo e a falta dunha programación clara para o mantemento e a conservación das instalacións escolares ocasionan a diario un importante número de incidencias que precisan de pequenas intervencións para facilitar a vida diaria nos centros. As avarias frecuentes na fontaneria, instalacións electricas, na carpintería, ou o abandono das zonas axardinadas, rotura de cristais, etcétera, tardan en solucionarse o mesmamente seguen sen resolverse. Os gastos por mantemento duplican, en moitas ocasións, os orzamentos de autoxestión otorgados polo Concello anualmente aos centros. Esta situación de ausencia dos porteiros vixiantes provoca grandes desigualdade entre centros educativos e en consecuencia a coexistencia entre cidadáns de primeira e cidadáns de segunda.

 

 

A actual proposta do Concello de Vigo ante esta situación foi presentada aos medios o luns 27 de novembro e concrétase nun futuro servizo de mantemento externalizado de mantemento que non solventa as necesidades dos centros e aboca aos mesmos a un modelo de xestión de carestía, inseguridade e desatención dos lugares onde crecen os futuros e futuras cidadás da nosa cidade. O proceso de licitación desta proposta non contou co diálogo e o consenso dos equipos directivos e da representación das familias, o que demostra unha actitude de escaso respecto e transparencia institucional.

 

 

 

Dende ADICOPUVI e FOANPAS demandamos do noso Concello unha intervención inminente nos edificios escolares, con orzamentos realistas e dialogando con todas as Administracións unha mellora definitiva, viable e moderna. A igualdade, a equidade necesita dunha excelencia nas contornas escolares, que hoxe non temos.

 

 

O vindeiro martes, 5 de decembro, dende FOANPAS e ADICOPUVI presentaremos aos medios de comunicación as nosas demandas na espera dunha solución institucional positiva e coherente.

Agradecemos a todas as familias a vosa comprensión e colaboración na defensa da semente de igualdade social que nace e crece na escola pública.

 

ESCOLA DE FAMILIAS

OS SEGUINTES TALLERES DA ESCOLA DE PAIS/NAIS SERÁN

                                  

Distribuir contido

Back to top