COMEZO DE CURSO 2017

  

COMEZO DE CURSO 2017-2018 

1.   O curso comeza o LUNS 11 DE SETEMBRO:

HORARIO:

·      PRIMARIA:de 9.00 a 14 horas.

·      EDUCACIÓN INFANTIL:

    - 4 ANOS (5º de Educación Infantil):de 9.00 a 13.50 h.

     - 5 ANOS (6º de Educación Infantil):de 9.00 a 13.55 h.

     - 3 ANOS (4º de Educación Infantil):Según o horario de cada neno/a no PERÍODO DE ADAPTACIÓN.

2.   REUNIÓN PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE 3 ANOS:

Xoves 7 de setembro ás 17 horas, nas aulas (entregarase o calendario do período de adaptación).

3.   REUNIÓN PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE 1º de PRIMARIA:

Xoves 7 de setembro ás 18 horas, no Salón de Actos.

4.   ASAMBLEA XERAL ANUAL:

Todos os pais e nais estades invitados  á ASAMBLEA XERAL ANUAL  que se celebrará o martes 19 de setembro ás 16.30 horas no Salón de Actos.

5.    REUNIÓNS DE AULA:

A continuación da mesma, celebraranse as REUNIÓNS DE AULA coas titoras correspondentes.

Prégase a asistencia sen nenos/as.

6.   SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

·      O servizo de ACOLLIDA TEMPERÁ e o servizo de COMEDOR funcionarán dende o luns 11 de setembro.

·      As informacións relativas ao comedor enviaranse por escrito a cada usuario.

LIBROS DE TEXTO 2017-2018

AS LISTAS DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-2018 ESTÁN PUBLICADAS NOS TABOLEIROS DO COLEXIO.

PODEDES DESCARGALAS DOS FICHEIROS ADXUNTOS.

PUBLICADA A LISTA DE LIBROS DE 4º DE INFANTIL COA LINGUA DE IMPARTICIÓN DA ÁREA (RESULTADO DA PREGUNTA AOS PAIS). VER FICHEIRO ADXUNTO.

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO NOVO

O xoves 15 de xuño, ás 17 horas, no Salón de Actos do centro,

celebraremos unha REUNIÓN INFORMATIVA

para as familias do NOVO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL (3 anos)

que vai empezar no centro o vindeiro curso 2017-2018. 

ACTIVIDADES DE VERÁN

O NOSO CENTRO SERÁ SEDE DAS ACTIVIDADES DE VERÁN

DO CONCELLO DE OURENSE.

PRAZO DE INSCRICIÓN:  DO 1 AO 15 DE XUÑO!

VER INFORMACIÓN NO FICHEIRO ADXUNTO

FONDO SOLIDARIO LIBROS

 

Na Orde do 16 de maio de 2017, publicada no DOG Núm. 96 do 22 de maio,

regúlase a participación nas seguintes convocatorias:

 

a)FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado que cursará 3º e 4º de Primaria.

* O alumnado que cursará 5º e 6º de Primaria está excluído da participación no fondo solidario por estar incluído no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL)

b)AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado que cursará 1º e 2º de E. Primaria.

c)AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: todo o alumnado de Primaria e EE (Educación Especial).

 

Prazo para presentar solicitudes

1. Ata o 23 de xuño de 2017 (este incluído).

2. Fóra do anterior prazo, o alumnado trasladado desde centros de fóra de Galicia ou privados non concertados terá un mes a partir da matrícula sempre que sexa antes  do 31 de marzo de 2018.

Información e lugar de presentación das solicitudes: Secretaría do centro.

 

Documentación:Presentar fotocopia e orixinal, para cotexar, segundo consta no impreso de solicitude.

 

VER ORDE E SOLICITUDE NOS FICHEIROS ADXUNTOS.

 

Distribuir contido