Convivencia
Enviado por Manuela o 13 Maio 2024 - 7:31pm
Jean Smith (director do Instituto Latinoamericano de Prácticas Restaurativas, entidade internacional que promove a responsabilidade social e fomenta as relacións cidadás) compartiu con nos, nunha formación, estes tres documentos do Ministerio de Educación do Ecuador, os cales brindan ferramientas moi útiles para a resolución pacífica de conflictos en todos os ámbitos.
Polo que encántanos compartir este valioso material con vos e esperamos que vos sexan de gran utilidade.
Comunicación non violenta Escoita Xestión e estilo de autoridade
|
Enviado por Manuela o 7 Maio 2024 - 11:00pm
QUE É O PUNTO LARANXA?
É un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo, tanto en formato papel como en formato dixital.
POR QUE USALO?
- Porque che permite expresar o que che está a acontecer sen medo a represalias.
- Porque a túa denuncia será escoitada e tomaranse medidas para axudarche.
- Porque non tes que sufrir en silencio.
COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA?
Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!
- Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.
- Localiza o Punto Laranxa no teu centro (corredor ao lado de Secretaría.)
- Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro).
Tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa Virtual que tes no lateral dereito da páxina web do colexio. As comunicacións realizadas a través deste formulario web irán a un enderezo habilitado para a coordinación de convivencia do colexio.
LEMBRA!
- O Punto Laranxa é anónimo.
- A túa denuncia será tratada con confidencialidade.
- Hai persoas que te queren e te apoian.
|
|