Coplas do Meco 2013

Me- Me- Meco ruín e malvado

nós querémoste queimar. (2 veces)

Porque ti e-lo culpable

dos males da humanidá. (2 veces)

Mal vai o goberno,

mal a oposición

e quen vai sacarnos

de esta situación?

Aos nenos e ás nenas

fannos estudar,

se isto non mellora

teremos que emigrar.

Me- Me- Meco ruín e malvado...


Uns somos do Barça,

outros do Madrid

e o noso Celtiña

non fai máis que sufrir.

Pero é festa hoxe

e mañá tamén,

e tan só pensamos

en pasalo ben.


Me- Me- Meco ruín e malvado...

E xa o noso xuizo

hai que rematalo,

ao malvado Meco

mandamos queimalo.

E xa o noso xuizo

queda sentenciado,

e o Meco malvado

ten que ser queimado.

Me- Me- Meco ruín e malvado...