Psicomotricidade

 Os nenos e nenas de tres anos tiveron a sorpresa dun orixinal "tipi" montado na sala de psicomotricidade, do que souberon entrar e saír dependendo da chegada ou fuxida de terribles e famentos bisontes.

 O mesmo tempo os rapaces e rapazas de catro anos surcaban os mares coma piratas no seu barco ou subían a fermosas illas no medio do océano.