CÉLULA ANIMAL E VEXETAL

Na clase de 5º construimos unha célula animal e unha vexetal empregando para elo xelatina e chuches. Pasámolo moi ben, e despóis, dúas alumnas convertíronse en mestras por un rato indo a explicar as nosas incríbles células polas aulas de 3º, 4º e 6º de Primaria. Fixérono fenomenal!!

 

1. Na cociña axudáronnos a facer o citoplasma da célula empregando para elo xelatina.

 

 

2. Despóis de verter a xelatina nos tuppers, colocamos os orgánulos (chuches), tanto na célula animal, coma na vexetal.

 

Célula animal

 

 

Célula vexetal

 

3. E así quedaron as nosas células:

 

 

4. Para rematar, dúas fantásticas "profes" foron explicando as células polas clases. Foi todo un éxito!!