FESTA DE NADAL 2019

Así de ben o pasamos na celebración de Nadal deste ano.

Volvemos a contar un ano máis coa visita do Paxe Real ás aulas de Infantil e Primaria, momento que os máis peques aproveitaron para entregarlle as súas cartas para os Reis Magos. 

A Anpa do colexio volveu organizar un espectáculo teatral, este ano ao cargo da compañía Troula.

Comemos ata fartar turrón e roscón.

Cantamos e bailamos as panxoliñas con moito ritmo.

 

 

Contamos tamén cunha actuación dalgunhas nais do colexio, impresionantes!

E finalmente, repartindo moita alegría, a Anpa sorteou as tradicionais cestas de Nadal.

 A Ludoteca sorprendeunos con esta árbore de Nadal feita con materiais de refugallo

Esperamos que desfrutarades moito deste día e desexarvos de parte de toda a comunidade educativa unhas

Felices Festas!