FESTIVAL FIN DE CURSO

O 19 de xuño celebramos o festival fin de curso adicado ao cine. A Meiga Tintureira contounos as súas aventuras nunha serie de películas que foron representadas con moito éxito por todos os cursos do colexio.

Previamente asistimos ás graduacións dos cursos 6º de E. Infantil e 6º de E. Primaria.

Despois de comer celebrouse a 2ª parte do festival, organizada pola ANPA. Houbo actuacións dos distintos grupos das actividades extraescolares e festa rachada durante toda a tarde.

Con este festival poñemos punto final ás actividades escolares deste curso e desexamos a toda a comunidade educativa unhas felices vacacións.

Ver álbum de fotos

Ver vídeos:

Infantil 3: Sonrisas y lágrimas

Infantil 4: Frozen

Infantil 5: Billy Elliot

1º: Madagascar 2

2º: Mary Poppins

3º: Rocky

4º: Mi villano favorito 2

5º: Oliver!

6º: Grease