Xa me tardan estes Reis - Mamá Cabra

XA ME TARDAN ESTES MAGOS

 

Xa me tardan estes Magos,

eu non sei onde andarán.

Sei que os viron camiñando

polas rúas do Nepal.

 

Onde andarán,

non sei onde están.

Xa me tardan, xa. (bis)

 

Sei que andan ocupados

e non paran de dicir

que fagamos menos guerras

que se non deixan de vir.

 

Onde andarán,...(bis)

 

Xa me tardan estes magos,

e iso que me portei ben.

Din que os viron camiñando

polas rúas de belén.

 

Onde andarán,...(bis)

 

Xa me tardan estes Magos,

eu non sei onde andarán.

Non pedín moitos regalos

pra que cheguen pra os demáis.

 

Onde andarán,...(bis)