FESTIVAL FIN DE CURSO 13-14

Como remate das actividades deste curso, celebrouse o 20 de xuño un festival coa participación de toda a comunidade escolar.

Pola mañá asistimos en primeiro lugar ás graduacións dos alumnos de Infantil 5 anos e de 6º de Primaria. A continuación disfrutamos cun musical sobre as aventuras mariñeiras da Meiga Tintureira no que participaron todos os cursos do colexio.

Pola tarde vimos a exhibición dos distintos grupos das actividades extraescolares e rematou a xornada cun fin de festa organizado pola ANPA.

A participación das familias foi masiva e todos quedamos moi satisfeitos cos resultados desta nova xornada de convivencia.

Ver álbum de fotos