AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A consellería de Educación ven de convocar as axudas para libros de texto e material escolar para o curso

2024-25.

Lexislación: Orde do 7 maio de 2024 (DOG 20 de maio de 2024)

Beneficiarios:

- Fondo solidario de libros: Ado. que pasa a cursar 3º,4º,5º e 6º de E.P.

(É imprescindible para acceder a este fondo a devolución dos libros do curso anterior antes do luns 17 de xuño).

- Axudas para libros de texto: Alumnado que vai cursar 1º e 2º de E.P. así como Alumnado NEAE.

- Axudas para adquirir material escolar: Alumnado matriculado en Primaria.

 Prazo de presentación: Ata o 21 de Xuño.

Como solicitar:

1. Preferiblemente de maneira Telemática:Entrando na aplicación Fondolibros e completando os diferentes apartados e presentándo a solicitude na Sede Electrónica. Unha por cada fillo.

     Aplicación Fondolibros.

2. Presencial con asistencia da aplicación Fondolibros : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.

    Aplicación Fondolibros.

3. Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo, preferiblemente en horario de secretaría (de luns a venres de 09:15 a 10:00h)

A documentación complementaria a entregar especifícase no artigo 11 da Orde de convocatoria (fotocopia libro de familia...). A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.

 O alumnado de 6º curso deberá entregar esta documentación no IES no que esté admitido para o próximo curso.

 O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.  

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE_FONDOLIBROS E AXUDAS.pdf3.49 MB