RECEITAS LITERARIAS COA COCIÑEIRA LIBIA: SOPA VERDE.
Enviado por ElenaValle o 23 Decembro 2022 - 7:00pm
Hoxe sopa verde!!! A piques estiveron de recibir unha folla de reclamación pola sopa que fixo a nosa cociñeira esta semana. Pero pasoulles igual que ó coelliño, probaron e non estaba tan mal a cousa como pintaba... Levaba espinacas e acelgas da nosa horta favorita: A Leira de Lola. E seguimos medrando e coñecendo máis contos que nos agardan con receitas literarias, para enriquecer o noso proxecto da biblioteca "Érase unha vez... a historia de ler". Slow food Compostela. |