Samaín

 

SAMAÍN 2022

 

O venres 28 de outubro o noso colexio encheuse de arañas, morcegos, bruxas, vampiros e pantasmas...!

Celebramos o Samaín, esa festa tradicional Celta que conmemora o final das colleitas e marca o final de ano. Pero tamén é a noite na que as portas ao outro mundo se abren e deixan paso ás animas... Nós xa non lle temos medo a nada porque fomos deixándolle todos os nosos temores ao comemedos e el encargouse de zampalos todos!

Aí vai unha pequena mostra , desfrutádea.