FESTA DE FIN DE CURSO DA ANPA, CURSO 2022-2023.

Rematamos o curso, recuperando a festa de fin de curso que foi un éxito, xa que nos acompañou o tempo e pequenos e grandes gozamos dunha chea de diversión.

Pola mañá, as exhibicións das actividades extraescolares e exposicións de traballos realizados nalgunhas destas actividades.

E pola tarde, obradoiros de maquillaxe e tatuaxes, diferentes xogos e hinchables. 

E a cantina con terraza e todo. Graciñas as familias que colaboraron facendo posible este encontro, que tanto desexabamos compartir. Aquí vos deixamos algúns momentos da nosa xuntanza.