O ALUMNADO DE 5º PARTICIPOU NA ACTIVIDADE DO CONCELLO "UNHA XANELA ABERTA Á RÍA DE VIGO"

Esta maravillosa experiencia contou con dous aliados de altura: por un lado, o barco oceanográfico Nautilus, e, polo outro, o robot subacuático “Nemo”. 

O Nautilus, unha aula flotante equipada con equipos de alta tecnoloxía para a investigación do medio mariño, foi o mellor lugar para descubrir a riqueza que esconde a ría de Vigo e o impacto que ten a produtividade das súas augas na economía local. Un percorrido de aproximadamente 90 minutos no que o alumnado puido descubrir detalles sobre a riqueza da auga, a dinámica do plancto e o cultivo do mexillón,ou a fauna que habita no fondo do ecosistema.

Tamén puideron visualizar un mundo oculto ao ollo humano, o mundo da vida microscópica mariña, que habita nas augas máis produtivas do mundo.Neste senso e grazas a súa cámara en calidade 4 k, o robot subacuático “Nemo” transformouse no mellor compañeiro para coñecer en directo algunha dás especies máis escurridizas que se esconden baixo as nosas augas. Os alumnos tiveron a oportunidade de ver no seu medio natural, este ecosistema cheo de vida que sen dúbida lles sorprendeu e lles gustou moitísimo.