GRAZAS AO NOSO EQUIPO DE COCIÑA, XA TEMOS UN COMEDOR KM O. NORABOA!!!

 

   Dende este pasado 4 de novembro, no noso centro TEMOS UN COMEDOR ESCOLAR KM 0, o primeiro na provincia de Pontevedra e o quinto en toda Galicia. A nosa responsable de cociña, Libia coa axuda do seu equipo de cociña formado por Ana, Iago, Sabina e Mila, foi a artífice de acadar dita distinción que lle dá a Asociación SLOW FOOD COMPOSTELA, que entre outros eventos, tamén organiza campañas como «Come Local» con Agacal (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) para dar a coñecer produtos dos Consellos Reguladores, da nosa zona e da nosa comunidade. 

 

 

   Grazas a esta campaña, os cociñeiros do noso centro recibiron formación sobre cales son estes produtos, onde atopalos e mercalos, e algúns consellos para elaboralos. O mesmo venres, o longo da mañá, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, tiveron unhas charlas impartidas por persoal de dita asociación, sobre alimentación e nutrición.

 

     Foi algo tan importante, que ata saímos na TVG, no programa BOS DÍAS, aquí vos diexamos o enlace para velo:

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bos-dias-10-00-5384156?t=2157

   No centro temos a gran sorte , como ben din eles, de que  “gústalles fusionarse cos proxectos educativos do colexio, que é posible grazas ó apoio da dirección do centro, e colaborar en festas e celebracións anuais: Samaín, Magosto, Entroido... Celebran o Día Mundial do Pan, o Día Mundial da Alimentación, os aniversarios do alumnado, fan cocina do mundo (comendo entre outras novidades, sushi con palillos) e tamén. De cando en cando, algunha lambetada como “morcegos piollosos” ou o tan solicitado “Brownie de chocolate” que os nenos e nenas piden a través das caixas de peticións e suxerencias . E esperamos que se poidan volver a facer eventos que se facían antes da pandemia, cando convidaban ás familias a unhas xornadas de portas abertas, onde podían degustar a súa famosa empanada de lacón con grelos.

 

   Este equipo de cociña, garante que os nosos nenos e nenas, non coman pratos precociñados, nin alimentos procesados e evitan os conservantes artificiais. E ademais, reduciron as frituras a unha vez á semana e incorporan todos os días un prato de verduras. Gústalles comparar a súa cociña coa dunha avoa, porque como din eles e ben sabémolo nós, os docentes e as coidadoras do comedor, que son familiares do alumnado do centro: "somos cociñeiros, enfermeiros, mediadores, animadores e confidentes".

 

   O pasado venres, está marcado como un gran día deste curso 2021-2022 con este merecido premio, que Libia, Ana e Iago recolleron no noso comedor escolar acompañados polo alumnado e claustro do centro. 

   E tamén quixeron acompañarnos neste momento tan importante para nos, O noso Xefe Territorial de Pontevedra D. César A. Pérez Ares, e a nosa Inspectora D.ª Reyes Estévez Forneiro. Que non quixeron perderse a oportunidade de degustar o noso menú do Samaín e comeron con nos no cole. O noso enorme agradecemento por compartir con nos este día tan especial.

NORABOA EQUIPO!!! Mil grazas por coidar con tanto agarimo dos nosos nenos e nenas, e por facer que o noso centro sexa mellor.