FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2.021-2.022.

                                                       

Está aberto o prazo desde o día 21 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (inclusive).

 Poderase solicitar:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO.

 

  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.

 

  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.

Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación Fondosolidario empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

Documentación necesaria:

Anexo I e anexo II.

- Fotocopia do libro de familia ( deben figurar todos os membros computables).

- Sentenza xudicial e/o convenio regulador ( se é o caso).

- Certificado acreditativo do grao de discapacidade ( se é o caso).

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/2021.

 Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia a recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.

Podedes descargar aquí os Anexo I e Anexo II 

 Máis información:

  • ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B)  (Enlace aquí)

 

  • Manuel de usuario para os cidadáns: enlace.