Hoxe no comedor "Polbo á feira"

 Como parte da campaña "Come Local", da que somos partícipes, hoxe desfrutamos de dous produtos moi típicos da nosa gastronomía: o polbo á feira e a torta de Santiago.

 Parabéns as nosas cociñeiras, por ofrecernos a diario pratos tan ricos coma o de hoxe, elaborados sempre con produtos frescos e de calidade.