Novo servizo de mensaxería Abalarmobil

 Comunicámoslles que a partir do día 1 de marzo o noso centro educativo vai pasar a utilizar unha nova ferramenta para os comunicados entre o centro e a familia. A aplicación actual TOKAPP estará en funcionamento ata ese mesmo día, a partir desa data pasará a estar inoperativa.

As familias poderán descargar nos seus dispositivos electrónicos, móbiles ou tablets,  a aplicación que Consellería de Educación ten actualmente a disposición de toda a comunidade educativa ABALARMOBIL.

 

A descarga desta aplicación farase desde Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou desde Google Play Store (se o sistema operativo é Android)

 

A aplicación ABALARMOBIL permitirá ás familias:

Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

Consultar as cualificacións do alumno/a.

Consultar os datos do centro e do alumno/a.

Consultar as faltas de asistencia.

 

Manual para as familias