Secretaría

MATRICULACIÓN CURSO 2016-17

Ábrese o periodo de matriculación para o vindeiro curso co seguinte calendario:

                         * O prazo de solicitude de admisión, tendo en conta a Semana Santa é ata o 29 de Marzo.

XORNADA PORTAS ABERTAS

A partir do 1 de marzo ábrese o período para entrega de solicitudes de admisión para o curso 2016-2017. Aquelas familias interesadas en coñecer o noso colexio de cara á matriculación, poderán facelo na xornada de portas abertas que terá lugar:

 

MARTES, 16 de Febreiro e MARTES, 23 de Febreiro

ás 17 horas.

 

NOTA INFORMATIVA

 

Comunicamos a toda a comunidade educativa que a partir de hoxe o centro pasará a ter novo número de teléfono e de fax, debido ao novo contrato asinado entre a Xunta e a compañía de telecomunicacións R, e que afectará a toda a rede de centros pertencentes a Consellería.

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO: 886 120 271

NOVO NÚMERO DE FAX: 886 120 274

Axudas para a adquisición de material escolar. Segunda convocatoria.

A Consellería de Educación aproba (DOG 10 de Novembro) unha segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar de E. Primaria, destinada ao alumnado que non puidese acollerse as da convocatoria anterior  ou aquel que tendo solicitada a axuda, resultase excluido por causa emendable. Seguen a estar dirixidas a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. As contías serán de 50 € por alumno/a.

Información:

    Prazo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde.

LIBROS DE TEXTO 2015-16

 

 

Preme aquí para ver, descargar ou imprimir a lista.

Distribuir contido