En galego!

CHEGOU O SAMAÍN!!

 

E

Ao fin chegou o Samaín!! E nós no cole adicámonos a celebralo como se merece. Portas decoradas, cabazas, contos de medo, merendas terroríficas...non volo podedes perder!!Sorriso

 

1. PORTAS DE SAMAÍN


Mirade a nosa preciosa selección de portas de Samaín:

 

- As portas de 5º e 6º

 

 

-A porta de 4º e a da Aula de Música

 

 

 

-As terroríficas portas de 3º

 

 

-As portas de Infantil 5 anos e 2º

 

 

-Portas de 1º e aula de Plástica

 

-As portas de Infantil 3 e 4 anos

 

 

 

- Porta da aula de Inglés e mural da Biblioteca

 

 

2. CABAZAS DE SAMAÍN

 

A verdade é que estas cabazas meten un medo...

 

-  As feitas polos cursos 4º, 5º e 6º

 -As de 1º, 2º e 3º

 

 -Infantil 3, 4 e 5 anos

 

3. CONTOS DE MEDO


Estos son algúns dos momentos vividos durante as terroríficas historias contadas polos maiores do cole:

 

 

 

4. MERENDA TERRORÍFICA

E para rematar e repoñer forzas, nada mellor que unha boa merenda terrorífica. Os nosos nenos e nenas de Infantil o saben moi ben!

 

Revista escolar "O rechouchío" nº 17.

 

 

Estreamos a edición nº 17 da revista escolar "O RECHOUCHÍO", promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e coa participación de todo o alumnado, profesorado e ANPA do colexio. 

Nesta ocasión "Botámonos ao monte".

Esperamos que vos guste!!!

 

 

Teatro: "O bosque doutro lado"

Os alumn@s da clase de quinto, representaron no patio cuberto do noso colexio unha adaptación teatral dun dos contos gañadores no concurso literario de inverno, titulado "O bosque do outro lado" escrito por Lara de 5º de primaria.

Foi todo un éxito!!!

CONCURSO PASAPALABRA

Os nen@s de educación infantil e primaria participaron no concurso PASAPALABRA durante a semana das letras galegas.

As preguntas foron sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas.

 

Aquí tendes aos gañador@s co seu premio, un pin-pandereita.

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS 2019

Hoxe celebramos o día das Letras Galegas no colexio, e comezamos coa visualización na biblioteca do sorprendente vídeo que realizaron un grupo de nen@s e profes do colexio, un traballo que nos deixou a tod@s abraiados.

No seguinte vídeo os momentos desta celebración, que inclúe a exposición da biografía do autor Antonio Fraguas por parte do alumnado de sexto, recitado de poemas dos nenos e nenas de educación infantil, a entrega de premios do concurso literario, o himno galego cantado por todo o colexio e este mesmo himno acompañado á frauta polos nenos e nenas de sexto.

 

 

Un día das Letras Galegas para lembrar!

Parabéns para tod@s!

 

ANTONIO FRAGUAS LETRAS GALEGAS 2019

Co gallo do día das Letras Galegas presentamos este vídeo como a nosa particular homenaxe á figura de Antonio Fraguas, á súa vida e obra, e ao importante papel que desempeñou como divulgador da nosa cultura.

 

CONCURSO LITERARIO DE INVERNO

DÍA DOS BOSQUES

Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES cunha exposición fotográfica baixo o lema: Vivindo, disfrutando, descubrindo o monte.

 

 


Grazas ás familias participantes pola súa colaboración.

DÏA DA MULLER 2.019

Para celebrar este día os alumn@s fixeron un retrato sobre unha muller importante nas súas vidas e cantaron a canción "Matriarcas" de Guadi Galego.

 

 

 

Preme na imaxe para ver a montaxe do video: "MATRIARCAS  C.E.I.P A PAZ TINTUREIRA".

 

CONTACONTOS

O sete de Marzo visitounos Yago para contarnos as aventuras de "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas". Os alumn@s de educación infantil, primeiro e segundo de educación primaria escoitaron, participaron e disfrutaron desta sesión de contacontos na biblioteca do centro.

Distribuir contido