En galego!

LETRAS GALEGAS 2020

 

 

O próximo 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano non será posible levar a cabo unha celebración coma a doutros anos, aínda así gustaríanos achegarvos á figura e a obra do autor homenaxeado este ano, RICARDO CARBALLO CALERO.

 

Desde o equipo de Dinamización Lingüística e Biblioteca invítanvos a visitar nos seus espazos web diversa información e recursos sobre este autor.

Letras Galegas DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Letras Galegas: Vídeo "MIÑA TERRA GALEGA".

Letras Galegas BIBLIOTECA

Letras Galegas: Vídeo "CONVIDADOS NA TERRA"

 

LETRAS GALEGAS 2020

 

Desde Dinamización Lingüística, dedicámoslle a nosa particular homenaxe ao autor do Día das Letras Galegas deste ano: Ricardo Carballo Calero.

 Gran coñecedor da cultura galega, Carballo Calero levaba sempre a nosa terra nos seus pensamentos. Amábaa máis que a nada no mundo.

 Volveremos falar do noso homenaxeado a principios do curso que vén. Polo momento, aquí vos deixamos estas actividades para que tomedes contacto con el e vexades a persoa tan especial que eraGuiño.

 

1)BIOGRAFÍA DO AUTOR

  

               

 

 2) XOGO: O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARBALLO CALERO SorprendidoSorprendido

 

                                                   

 

3) PASAPALABRA Guiño

   

                                    

 

 

 

ENTROIDO 2020

Dende o noso cole, preparamos o Entroido con moita ilusión. Comezamos adornando as nosas paredes para dar a benvida a unha festa moi importante en Galicia!

 

 

E ao fin chegou o día!! Na web do cole atoparedes un fantástico vídeo subido pola profe Manuela.

 Fixemos bailes:

 

Un animado percorrido polo pobo:

 

E para rematar, unha merendola preparada polas familias dos alumnos/as que fixo as nosas delicias. Moitísimas grazas! Non esqueceremos nunca este Entroido!!

 

IGUALDADE E INTEGRACIÓN NO DEPORTE

O pasado venres viñeron a darnos unha interesante charla sobre integración e igualdade no deporte. O monitor era moi simpático, e ao final de todo invitounos a que colaborásemos con él nuns xogos. Foi xenial!!Guiño

 

ALMANAQUE 2020

Ano novo, calendario novo!!

Mirade o almanaque que elaboramos para o ano 2020 relacionado co tema do noso proxecto deste curso. A que é moi bonito?

 

 

 

FESTA DE NADAL 2019

Así de ben o pasamos na celebración de Nadal deste ano.

Volvemos a contar un ano máis coa visita do Paxe Real ás aulas de Infantil e Primaria, momento que os máis peques aproveitaron para entregarlle as súas cartas para os Reis Magos. 

A Anpa do colexio volveu organizar un espectáculo teatral, este ano ao cargo da compañía Troula.

Comemos ata fartar turrón e roscón.

Cantamos e bailamos as panxoliñas con moito ritmo.

 

 

Contamos tamén cunha actuación dalgunhas nais do colexio, impresionantes!

E finalmente, repartindo moita alegría, a Anpa sorteou as tradicionais cestas de Nadal.

 A Ludoteca sorprendeunos con esta árbore de Nadal feita con materiais de refugallo

Esperamos que desfrutarades moito deste día e desexarvos de parte de toda a comunidade educativa unhas

Felices Festas!

 

 

 

TINTUNADAL 2019

Este mes fixemos unha morea de cousas no cole para ter todo preparado e recibir o Nadal como se merece. Aquí vai un resumo de todas elas. Non volo podedes perder!! 

 

1. Murais de inverno

Botádelle unha ollada aos nosos murais de inverno. A que son animados?

 

2. Decoración de portas

 

 As portas do cole tamén se lles pegou o ambiente de inverno e Nadal Guiño

 

 

 3. Christmas Infantil, 1º e 2º de Primaria

Os rapaces/zas deixaron voar a súa imaxinación para elaborar estes orixinais Christmas

 

INFANTIL

 

 

1º E 2º

 

4. Máis espazos decorados

Na ludo, na entrada e no patio do noso cole tamén é Nadal...

 

 

5. Visitas marabillosas


Tamén recibimos a marabillosa visita do Carteiro Real, quen lle transmitiu todas as peticións dos rapaces/as aos Reis MagosSorprendido

 

 

6. Festival Nadal

E ao fin chegou o día!! Todo preparado no pavillón para celebrar o Nadal por todo o alto. Panxoliñas de alumnos/as, teatro, actuación das nais da ANPA, sorteo de cestas de Nadal e...cómo non? Dóces destas datas preparados por elas mesmas. Foi xenial!!

 

 

 

 Qué vos pareceu o noso Nadal? A que foi o máis bonito do mundo mundial?

 

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Estamos na semana contra a violencia de xénero. Dende o CEIP "A Paz-Tintureira" rexeitamos toda forma de discriminación por razón de sexo. Tamén manifestamos a nosa repulsa polos malos tratos e violencia da que en moitas ocasións somos obxecto as mulleres.

 

MURAIS DE OUTONO

Mirade qué murais de outono e Magosto tan chulos fixemos nas clases de Infantil 4  e 5 anos e 5º de Primaria! A que vos gostan?

 

O NOSO MAGOSTO

Aquí tedes unha recopilación dos momentos vividos hoxe no Magosto do cole. Comemos castañas asadas, pintámonos as caras de negro, xogamos e desfrutamos moitísimo.

 

Distribuir contido