Novidades

ELIXÍRONNOS DE NOVO PARA PARTICIPAR NA CAMPAÑA COME LOCAL, CENTRADA NA PROMOCIÓN DE CONSUMO DE PRODUTO GALEGO, PRODUTO DE PROXIMIDADE.

A Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Ppromoveu o terceiro ano consecutivo da campaña 'Come local', centrada na promoción de consumo de produto gallego de calidade certificada e de proximidade entre o alumnado da Comunidad gallega.  Nesta ocasión está previsto que participen na iniciativa un total de 23 centros escolares de toda Galicia, nos que se beneficiarán uns 3.380 usuarios de comedor. E ENTRE ELES O NOSO CENTRO.

Otra ferramienta coa que se va a traballar cos centros educativos, é a xestión dos costes dos ingredientes nas receitas, para poder ter un maior control nos gastos e na elaboración dos menús.

  

Non solo se trata de degustacións de menús especiais, tamén desenvólvense actividades formativas tanto sobre as características nutricionais dos propios productos, como sobre o impacto que supón o consumo de productos certificados e de cercanías na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU. Convertindo o tempo no comedor, nun momento educativo que educa e enriquece o noso proxecto educativo de centro.

GRAZAS AO NOSO EQUIPO DE COCIÑA, XA TEMOS UN COMEDOR KM O. NORABOA!!!

 

   Dende este pasado 4 de novembro, no noso centro TEMOS UN COMEDOR ESCOLAR KM 0, o primeiro na provincia de Pontevedra e o quinto en toda Galicia. A nosa responsable de cociña, Libia coa axuda do seu equipo de cociña formado por Ana, Iago, Sabina e Mila, foi a artífice de acadar dita distinción que lle dá a Asociación SLOW FOOD COMPOSTELA, que entre outros eventos, tamén organiza campañas como «Come Local» con Agacal (Axencia Galega de Calidade Alimentaria) para dar a coñecer produtos dos Consellos Reguladores, da nosa zona e da nosa comunidade. 

 

 

   Grazas a esta campaña, os cociñeiros do noso centro recibiron formación sobre cales son estes produtos, onde atopalos e mercalos, e algúns consellos para elaboralos. O mesmo venres, o longo da mañá, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, tiveron unhas charlas impartidas por persoal de dita asociación, sobre alimentación e nutrición.

 

     Foi algo tan importante, que ata saímos na TVG, no programa BOS DÍAS, aquí vos diexamos o enlace para velo:

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bos-dias-10-00-5384156?t=2157

   No centro temos a gran sorte , como ben din eles, de que  “gústalles fusionarse cos proxectos educativos do colexio, que é posible grazas ó apoio da dirección do centro, e colaborar en festas e celebracións anuais: Samaín, Magosto, Entroido... Celebran o Día Mundial do Pan, o Día Mundial da Alimentación, os aniversarios do alumnado, fan cocina do mundo (comendo entre outras novidades, sushi con palillos) e tamén. De cando en cando, algunha lambetada como “morcegos piollosos” ou o tan solicitado “Brownie de chocolate” que os nenos e nenas piden a través das caixas de peticións e suxerencias . E esperamos que se poidan volver a facer eventos que se facían antes da pandemia, cando convidaban ás familias a unhas xornadas de portas abertas, onde podían degustar a súa famosa empanada de lacón con grelos.

 

   Este equipo de cociña, garante que os nosos nenos e nenas, non coman pratos precociñados, nin alimentos procesados e evitan os conservantes artificiais. E ademais, reduciron as frituras a unha vez á semana e incorporan todos os días un prato de verduras. Gústalles comparar a súa cociña coa dunha avoa, porque como din eles e ben sabémolo nós, os docentes e as coidadoras do comedor, que son familiares do alumnado do centro: "somos cociñeiros, enfermeiros, mediadores, animadores e confidentes".

 

   O pasado venres, está marcado como un gran día deste curso 2021-2022 con este merecido premio, que Libia, Ana e Iago recolleron no noso comedor escolar acompañados polo alumnado e claustro do centro. 

   E tamén quixeron acompañarnos neste momento tan importante para nos, O noso Xefe Territorial de Pontevedra D. César A. Pérez Ares, e a nosa Inspectora D.ª Reyes Estévez Forneiro. Que non quixeron perderse a oportunidade de degustar o noso menú do Samaín e comeron con nos no cole. O noso enorme agradecemento por compartir con nos este día tan especial.

NORABOA EQUIPO!!! Mil grazas por coidar con tanto agarimo dos nosos nenos e nenas, e por facer que o noso centro sexa mellor.

 

 

VISITOUNOS "LA VOZ DE GALICIA"!

 

 Recibimos a visita de "La Voz de Galicia" porque temos o comedor escolar máis caseiro de Vigo.

NORABOA  AO NOSO EQUIPO DE COCIÑA! 

 

LER O ARTIGO EN  "LA VOZ DE GALICIA"

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2021/10/23/comedor-escolar-casero-vigo/0003_202110V23C4991.htm

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO PAN CO NOSO EQUIPAZO DE COCIÑA E A MEIGA TINTUREIRA

 O 16 de outubro celébrase o "Día Mundial do Pan" e o noso maravilloso equipo de cociña, coa axuda da Meiga Tintureira da nosa biblioteca, quixeron festexalo enriquecendo o "Proxecto de Xermola Xermoliño", no que participamos este ano, co lema "O ler e o bo xantar, axudan a medrar".

Por iso, prepararon un riquísimo agasallo para todo o cole: un bolsiña sorpresa cun riquísimo boliño de pan feito con masa nai. Un boliño de pan, pan, porque no noso cole, cómese moi rico e saudable. E tamén, cun imán para a neveira dos iogures ecolóxicos que comemos no cole, da "Casa grande Xanceda", que tedes que mirar coidadosamente, porque neles hai un sorteo moi moi interesante.

Graciñas a Libia, Ana e Iago, o noso gran equipo de cociña por enriquecer o noso proxecto educativo, coas súas riquísimas e saudables propostas. Sodes xeniais!!!

Aquí vos deixamos unhas fotos deste día tan especial.

 

 

 

Comedor Outubro

 

Benvida Servizo de Comedor

 

 

Un comedor sorprendente!

Rematamos este curso cunha nova imaxe do noso comedor escolar que vai sorprender a peques e maiores! 

Grazas a nosa marabillosa Anpa, e as familias que participaron neste proxecto, o noso comedor vai lucir máis ca nunca no próximo curso.

Moitas grazas, e parabéns por este traballo tan fantástico!

 

Buzòn de suxestións

 Grazas a tod@s polas suxestións que encheron o noso buzón do comedor!

Intentaremos ter en conta no curso que vén as vosas preferencias e opinións. De momento quixemos complacervos cun pequeno cambio no menú do último día, esperamos que a sorpresa vos agradase!

Feliz verán!

Comedor Ceip A Paz-Tintureira

Distribuir contido