En galego!

OBRADOIROS ANOS 70

Velaquí tedes unha mostra das actividades tan chulas que fixeron os diferentes cursos sobre o proxecto. Vivan os anos 70!!

 

Cancións infantís e modelos de coches

 

          

 

 

 

                 

 

Música e cancións

 

 

 

Debuxos animados de onte e hoxe

 

 

Xogos de mesa dos 70

 

 

A muller na publicidade dos anos 70 e hoxe en día

 

 

A que vos gostaron os traballiños? Os nosos nen@s son uns/has artistas!!

LETRAS GALEGAS 2021-VÍDEOS

 

Estes son os vídeos do festival das Letras Galegas:

1. Conto de Xela Arias "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia", interpretada pol@s alumn@s de 5º e 6º de Primaria.

2. Acto de celebración   

 

 

LETRAS GALEGAS 2021

Este ano fixemos unha morea de cousas.

 

Comezamos pola presentación do obradoiro "Educar tamén coa comida", onde aproveitamos para amosar un pouquiño da marabillosa gastronomía que temos na nosa querida Galicia. Grazas aos nos@s estupend@s cociñeir@s, fíxosenos a boca auga!!!!CansoA que dixen

 

                

 

 

Xela Arias foi a protagonista indiscutible do Día das Letras Galegas 2021. Neste acróstico que prepararon os rapaces e rapazas de 3º curso de Primaria, pódense ver todas as cualidades que facían á nosa protagonista unha muller única!!Guiño

 

         

 

 

 

O alumnado de 1º e 2º curso de Primaria lembrou un dos máis emotivos poemas da autora; o que lle compuxo ao seu fillo Darío. Non vos podedes perder o vídeo!Sorprendido

 

   

 

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria interpretaron unha obra de teatro baseada no conto escrito pola autora homenaxeada: "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia".

Con este orixinal relato, Xela Arias proclamouse gañadora do concurso literario "O Facho" á edade de... once anos!!

 

 

 

Pero... pensades que isto rematou? Pois non!!

Decidimos darlle a nosa despedida a Xela Arias cunha celebración. Repasamos os principais momentos da vida da autora e as súas máis importantes aportacións. Limos o acróstico, e como broche final... canción cantada e bailada por todo o cole nesa lingua galega que tanto amou Xela.

 

Próximamente publicarase na web un vídeo do acto de celebración. Ata o vindeiro curso!!Sorriso

 

 

PASAPALABRA XELA ARIAS

 

Tentade facer  este divertido PASAPALABRA da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.Guiño

 

https://view.genial.ly/6080377a81ec650d3bc0229f/presentation-pasapalabra-xela-arias

 

MATERIAL PARA TRABALLAR XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS 2021

 

             

 

Velaquí tedes unha morea de enlaces para traballar á autora homenaxeada estas Letras Galegas 2021: Xela Arias.

Poderedes atopar material moi variado e orixinal: vídeos, xogos, pasatempos...

Non volo perdades e... a desfrutar con Xela!!Sorriso

 

https://academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-177635

https://academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-177707

http://primaveradasletras.gal/

https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

CONCURSO LITERARIO DE INVERNO 2021

E aquí temos aos gañadores e gañadoras do Concurso Literario de Inverno. Menudas máquinas!

 

 Podedes ver os seus relatos publicados na páxina web do cole. Agardamos que vos gosten, anque seguro que si porque estas historias o teñen todo. Son divertidas, orixinais...en fin, unha marabilla!!Sorriso

 

 

 

CONCURSO LITERARIO DE INVERNO CURSO 20-21

PREME NA IMAXE!!!!

DÍA DA MULLER 2021

 

Cada oito de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, no que se conmemora a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoas, en pé de igualdade co home.

 

O Equipo de Biblioteca prepararou un estupendo recuncho adicado ás mulleres, no que se poden atopar  biografías e obras de diferentes tipos. Agardamos que vos guste.

 

Mes de marzo...mes da muller!!

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, 2021

Hoxe celebramos no cole o 24 de febreiro, día no que naceu a nosa famosa e queridísima escritora Rosalía de Castro.

Como homenaxe a esta grande artista e representante de Galicia, gravamos un vídeo tendo de fondo o seu coñecido poema "Negra sombra".

Iso sí, fixemos unha versión un pouco máis marchosa e rockeira.SorrisoGuiño

A bailar tod@s con Rosalía de Castro!!

 

 

ENTROIDO 2021

Benvidos ao Entroido do noso cole! Xa vistes o vídeo publicado na web do centro? Siiii? A que é estupendo?? Pois aquí tedes unha seleción de fotos por cursos. En homenaxe aos anos 70...viva o Entroido do Tintureira!!GuiñoSorriso

 

 

 1. Comezamos seguindo as ordes do Meco...

 

 

 

Ese Mequiño que logo ía ser queimado...ChoraChora

 

 Mequiño do Coronavirus... NON TE QUEREMOS NIN VER!!

 

 

Mirade qué adornos tan bonitos...

 

 

 

 

 

 

 

 E ollade o resultado final de disfraces dos distintos cursos. A que é chulísimo??

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Qué? Gostouvos? Pensades que isto rematou? Pois non!! Próximamente aparecerá unha sabrosísima sorpresa relacionada co Entroido, na web do cole. Ata pronto!

 

PASARON UNS DÍAS E...

 

Velaquí tedes a sorpresa!

 

Distribuir contido