En galego!

UNHA CHEA DE CABAZAS


Estamos a festexar na escola
o Samaín que tanto mola.
Xuntos esta festa celebramos,
cunha chea de cabazas
que na casa decoramos.
Hainas de todo tipo,
presumidas, divertidas, terroríficas...
e as que so con velas
quítanche o hipo.
Así que amiguiños todos
a disfrutar coma tolos!!!
HA, HA, HA, HA...
 

O SAMAÍN

O equipo de Normalización Lingúistica do Centro vos achega unha serie de enlaces para que disfrutedes en familia a noite do SAMAÍN.

-Recetas:Chulas de cabaza/Budin de cabaza.

-Canción:"O samaín".

-Conto infantil e actividades:"Marcelina e a noite do samaín".

-Conto:"Fiz o coleccionista de medos".

-Video:"A danza do esqueleto".

CONCURSO CARTEIS: "DALLE A LINGUA, FALA GALEGO"

O Equipo de Dinamización Lingüística do Centro informa da ampliación do prazo para a presentación dos carteis do concurso "DALLE A LINGUA, FALA GALEGO", ata o Martes 30 de Abril.

       Unha vez máis pedimos e contamos coa vosa participación para que esta iniciativa de fomento  do uso da lingua galega sexa unha realidade. 

SEMPRE ROSALÍA

Este ano conmemórase o 150 aniversario da publicación de Cantares galegos, a primeira obra publicada en lingua galega na súa totalidade. Por este motivo, no cole o Xoves 28 de Febreiro limos unha escolma de poemas de Rosalía nas aulas e, durante o tempo de recreo, lembrámola a través das voces de Amancio Prada, Luz Casal, Carlos Núñez, entre outros.

Lugar máis hermoso non houbo na terra... 

Lugar máis hermoso

non houbo na terra

que aquel que eu miraba,

que aquel que me dera.

Lugar máis hermoso

no mundo non achara,

que aquel de Galicia,

¡Galicia encantada!

Galicia florida,

Cal ela ningunha,

de frores cuberta,

cuberta de espumas.

 

De espumas que o mare

con pelras gomita,

de froles que nacen

o pé das fontiñas.

De valles tan fondos,

tan verdes, tan frescos,

que as penas se calman

no máis que con velos.

Que os ánxeles neles

dormidos se quedan,

xa en forma de pombas,

xa en forma de niebras.

 CANTARES GALEGOS

Disfrutade da súa poesía cos seguintes vídeos:

AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES

NEGRA SOMBRA

NINFA DAS FRESCAS AUGAS

ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES

ALBORADA

TEMPO DE NADAL

Chegou o mes de NADAL, así que o Equipo de Dinamización Lingüística deíxavos todos estes agasallos para que poidades disfrutar desta época descubrindo o que se esconde dentro de cada un deles. Así que preme nestes bonitos paquetes e canta, xoga, le, infórmate, cociña,...no Nadal.    

                  

                         

                 

      

CHEGOU O SAMAÍN

Rematou o verán e comezou o outono, época de vendimias, castañas e, como non, de pasar un pouquiño de medo  co Samaín. Como sabedes esta festa celébrase na noite do 31 de Outubro, data na que comezaba o aninovo celta, nesta noite as ánimas dos difuntos visitaban as casas das súas familias para quentarse ao carón do lume e tomar algo de alimento. Así que mentres esperabamos que chegase o día, o Equipo de Dinamización Lingüística do cole, propuxo unha serie de recursos e actividades para poder coñecer algo máis sobre esta tradicional festa dun xeito ameno e divertido.

Esperamos que o pasedes de medo!!!

Ver álbum de fotos das cabazas do Samaín

ORIXES DO SAMAÍN


ACTIVIDADES LIM


 PARA CANTAR


PARA PINTAR E FACER


Vieiros da escola.

CEIP de Palmeira.

Galipedia.

 

Samaín

Chegou o Samaín

Un Samaín de conxuros

 

Samaín do Grupo Mamá Cabra:

-Letra

-Vídeo

Tumba por aquí,...

Rock do Samaín.

Picasa 1

Picasa 2

Picasa 3

Cabazas

Bruxa de papel

Morcegos de cartón

Pantasmas

Distribuir contido