En galego!

ENTREGA DO PREMIO: "HOXE COMEMOS NA CASA DE..."

 

 

 Hoxe foi o gran día! Chegou o momento da entrega do premio do concurso "Hoxe comemos na casa de..." ao seu gañador  Roque Rey Bangueses de 1º de Primaria.

E como estabamos esperando, para facerlle a entrega do tan merecido premio, recibimos a visita do gran Cociñeiro Pepe Solla. E o acto desenvolvémolo no patio cuberto, da man da nosa directora Elena, a nosa cociñeira Libia, promotora do concurso, e o noso padriño da actividade Pepe Solla.

Roque estaba un pouco nervioso e falou pouco, pero sabemos que tamén estaba moi moi contento. Estivo acompañado polo seu pai, o seus compañeiros e compañeiras de todo o cole, os mestres e o equipo de cociña. Recibiu como agasallo:

         · Un diploma firmado pola nosa cociñeira Libia e polo noso padriño.

      · Dous diplomas iguais para as súas avoas, que son grandes facedoras de filloas e creadoras da receita que trouxo e namorou o xurado: "Filloas recheas de cocido"

         · E un mandil que trouxo Pepe Solla do seu restaurante "Casa Solla".

O cociñeiro amosouse encantado de compartir con nós esta iniciativa. E de feito, xa quedamos emprazados para que siga como padriño da videira edición do concurso, o ano que vén. Pepe coas súas palabras animou aos nenos e nenas a comer saudable, a valorar os produtos que temos na nosa contorna, a probar alimentos e receitas novas, e sobre todo, a meternos na cociña e experimentar cos recursos e alimentos que teñamos.

Para rematar, quixemos agradecerlle a Pepe cun pequeno agasallo, a súa cercanía, amabilidade e sobre todo, o tempo que nos dedicou e que sabemos que non ten. Libia a nosa cociñeira axudounos a decidir e buscar algo que lle gustara, e mercámoslle unha pulseira que lle gustou moitísimo.

Mil grazas de novo ao noso equipo de cociña por estas iniciativas que enriquecen o noso proxecto educativo. E a Pepe Solla, tamén mil grazas por prestarse a colaborar e pola súa visita.  

 

      

XA TEMOS RECEITA GAÑADORA!

 E, despois de moito esperar, chegou o día no que o noso padriño, o gran chef Pepe Solla, anuncie a receita gañadora do concurso

"Hoxe comemos na casa de..."

E a Receita gañadora é a de Roque Rey Bangueses de 1° de primaria que conquistou a Pepe Solla e ao xurado coa súas "Filloas recheas de carne de cocido"

O proximo venres 8 de abril degustaremos está apetitosa receita no noso comedor e Roque recibirá un agasallo moi especial da man do mesmo Pepe Solla.

Grazas ao noso equipo de cociña por facermos participar destas actividades tan interesantes,

Parabéns a Roque e á súa familia (en especial á súa avoa) e a tódalas familias participantes neste concurso no que o premio é para todas e todos.

 

BO PROVEITO!!!

ENTROIDO 2022

A última semana de Febreiro preparámonos para festexar novamente o entroido.

E para ambientarnos mirade que bonito decoramos o cole

 

 

 

O longo da semana e coma tódolos anos o meco deunos unha serie de ordes que por suposto, cumprimos de boa gana.

 

Mirade que guap@s estaban todos....

 

 

 

 

E por fin o venres 25 ....¡ FESTA RACHADA!

 

Tivemos uns presentadores de luxo. Gracias a Artai, Aroa e Nahia e como non a súa titora Eva.

 

Este ano non tivemos unha temática común para disfrazarnos e así os rapaces elexiron o que máis lles gustou. Tivemos moita variedade cada un segundo o seu gusto e personalidade.

 

Aquí están os máis pequeniños do cole.

 

 

E por suposto, os de primaria tamén....

 

 

 

 

 

O noso meco este ano foi unha grande máscar , que queimamos con moito gusto e sen ningunha pena querendo simbolizar o previsible fin das mesmas.

 

 

E xa para rematar bailoteo e festiña no patio.

Ata o ano seguinte!!!! A desfrutar!!!!

 

ENTROIDO 2022!

Atención rapaces e rapazas!

O Meco manda, o Meco ordena!

 

 

E non esquezas practicar!

 

CELEBRACIÓN NADAL 2021

Queridas familias:

Este martes 21 de Decembro celebramos no cole unha festa de Nadal.

Tiñamos moitas ganas de celebrala cun pouquiño máis de normalidade co curso pasado.

Para ambientar, tódalas aulas participaron decorando corredores, portas, o porche,....

Xa sabedes que é imposible poñer todo aquí pero deíxovos unha pequena mostra. Mirade, mirade,...

 

 

Pero non podíamos dar por inaugurada a festa sen contar cunha personalidade importante que acendese a estrela da nosa árbore. E quen mellor que o noso querido Pepe.

Tamén participamos nun concurso de postais de nadal. Noraboa a tódolos participantes polo seu traballo!!!

 

 

E xa para rematar recibimos esa mañá , a visita nada máis nin nada menos que dun axudante de Papá Noel e dun axudante dos Reis Magos. Toca esperar polos agasallos!!!

 

 

FELICES FESTAS PARA TOD@S!!!

 

MAGOSTO 2021

 O venres 12 de Novembro  celebramos de novo a festa do Magosto. Este  curso non fomos ó monte pero pasámolo igualmente ben!!!!

Pero antes de tanta troula houbo traballiño dos nenos maiores e das súas mestras. Fixeron murais tan chulos como os que vos amoso aquí.

 

  

  Para que todos comésemos as castañas, o día anterior  foron a aula de psicomotricidade e menudo traballiño picando. Mirade, mirade,.....

 

 

 

 

 O noso conserxe Manolo e o profe Ángel prepararon no patio as brasas dende ben tempraniño.

 

 Preparamos uns  fermosos recipientes para  gardar as nosas castañas. Aquí tedes unha pequena mostra.....

 

E xa non nos quedaba outra que papar, xogar e brincar....Risa

 

  

 

 

 

 

SAMAÍN 2021

   
   

 

O pasado venres 29 de outubro celebramos no noso cole a nosa tradicional festa do Samaín. Fixemos moreas de actividades. Deixámosvos unhas fotiños para que vexades qué chulada!!Risa

 

Mirade qué portas tan terroríficas...

 

 

 

Os distintos recunchos do cole producían arrepíos!!

 

 Velaquí tedes a nosa Biblioteca:

 

 

 

Os nosos murais... de espanto!!

 

O terrorífico comedor:

 

 As siniestras escaleiras:

 

 

Os recunchos están enmeigados. Qué medo!!

 

 

A decoración colgante do porche, foi espectacular:

 

 

 

Este curso volvemos retomar as lecturas terroríficas polas aulas, do alumnado de sexto curso de Primaria.

 

 

 

 

 

 

 

 

E para rematar, repuxemos forzas cunha boa papatoria:

 

 

 

 Pero como o bo sempre se fai esperar, dentro duns días seguiremos con sorpresas. Estade moi atentos e atentas ao vídeo que tendo como protagonistas as cabazas tan terroríficas que preparastes nas vosas casas, imos publicar.  Ata pronto!!

 

Como vos prometemos, aquí están as vosas cabazas de Samaín. Moitas grazas pola vosa colaboración!

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO PAN CO NOSO EQUIPAZO DE COCIÑA E A MEIGA TINTUREIRA

 O 16 de outubro celébrase o "Día Mundial do Pan" e o noso maravilloso equipo de cociña, coa axuda da Meiga Tintureira da nosa biblioteca, quixeron festexalo enriquecendo o "Proxecto de Xermola Xermoliño", no que participamos este ano, co lema "O ler e o bo xantar, axudan a medrar".

Por iso, prepararon un riquísimo agasallo para todo o cole: un bolsiña sorpresa cun riquísimo boliño de pan feito con masa nai. Un boliño de pan, pan, porque no noso cole, cómese moi rico e saudable. E tamén, cun imán para a neveira dos iogures ecolóxicos que comemos no cole, da "Casa grande Xanceda", que tedes que mirar coidadosamente, porque neles hai un sorteo moi moi interesante.

Graciñas a Libia, Ana e Iago, o noso gran equipo de cociña por enriquecer o noso proxecto educativo, coas súas riquísimas e saudables propostas. Sodes xeniais!!!

Aquí vos deixamos unhas fotos deste día tan especial.

 

 

 

REVISTA ESCOLAR : "O RECHOUCHÍO Nº 19" CURSO 20-21

 ESTREAMOS UNHA NOVA EDICIÓN ( A NÚMERO 19) DA NOSA REVISTA ESCOLAR 

"O RECHOUCHÍO", PROMOVIDA POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA E COA PARTICIPACIÓN DAS AULAS DO CENTRO.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!.

PREME NA IMAXE:

Distribuir contido