Letras Galegas
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014
Enviado por admin o 13 Maio 2014 - 4:56pm
O venres 16 de maio conmerouse o Día das Letras Galegas no colexio coas seguintes actividades: - Teatro: a ANPA trouxo para todos nós a obra "Xan das Ondas" a cargo do grupo Barafunda.
- Homenaxe a Xosé Mª Díaz Castro:
- Festival de cancións mariñeiras:
Ademais, celebrouse durante a semana un "Pasapalabra" sobre a figura de X.Mª Díaz Castro con preguntas e sorteos diarios. Información sobre o concurso aquí . |
Día das Letras Galegas 2013
Enviado por admin o 14 Maio 2013 - 1:24pm
O mércores 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cos seguintes actos: As dúas cousas saíron moi ben e todos quedaron contentos coas actuacións e cos libros que levaron para casa. |
Concurso Dia das Letras Galegas
Enviado por admin o 7 Maio 2013 - 1:52pm
Ao longo de varios días desenvolveuse no colexio un concurso sobre Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Desde a clase de 5 anos ata 6º de E. Primaria contestaron día a día as preguntas coa axuda das pistas que aparecían no mural. Entre os acertantes sorteáronse cada día narices de pallaso que os gañadores luciron con gran dignidade como se pode comprobar na reportaxe fotográfica. Grazas pola dedicación e ilusión de todos os participantes.
|
LETRAS GALEGAS 2013
Enviado por Carmen o 6 Maio 2013 - 4:08pm
O vindeiro 17 de Maio celébrase o Día Letras Galegas. Este ano adicadas a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, autor, director e actor de teatro. Para saber un pouquiño máis sobre esta celebración e sobre o personaxe homenaxeado, o Equipo de Dinamización Lingüística vos achega unha serie de enlaces para axudarvos nese cometido. MERGULLARVOS NELAS E DIVERTIRVOS!!!
|