Secretaría

INSTRUCCIÓNS PARA O USO DO COMEDOR NO PRÓXIMO CURSO 2022-2023

As familias do alumnado que queira facer uso do comedor, deberán solicitalo entregando no centro o impreso que podedes descargar no enlace correspondente. O prazo de entrega será do 4  ao 12 de xullo, en horario de 10:00h. a 13:30h.

PREMA NO ENLACE:

-Instrucions para o uso do COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

- IMPRESO COMEDOR 2022-2023.pdf

 

  - Poderase entregar unha única solicitude para todos os irmáns, debidamente cuberta e asinada, indicando os datos do declarante,cónxuxe e os fill@s que solicitan o comedor escolar no CEIP A PAZ-TINTUREIRA.

    -  Na solicitude ademáis deberán cubrir a casilla  que corresponda, (gratuidadetotal, pagar 1€, pagar 2,50€ ou pagar 4,50€), según os ingresos obtidos dos membros computables da unidade familiar (pai-nai), declarados na renda do exercicio de 2020. Deberán sumar os ingresos do pai e da nai durante o ano 2019 e o resultado dividilo entre os membros da unidade familiar (pai-nai-fillos). Según o resultado final obtido, marcarán a casilla que corresponda.

    -  Nos casos de alerxias alimentarias presentar xustificante médico.

INSTRUCCIÓNS PARA O USO DO TRANSPORTE ESCOLAR.

     As familias do alumnado que xa estivo no centro este pasado curso 2022-2023, deberá informarnos a través do noso correo electrónico, se precisa modificar o número/ lugar da parada para vir o centro, ou a liña de autobús que empregaba. 

     PREMA NO ENLACE:

     -INSTRUCCIÓNS TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

FORMALIZACION MATRÍCULA NOVOS ALUMNOS CURSO 2022-2023

PRAZO: do 20 ao 30 de xuño.

 

Documentación a entregar:

 

- Documento de formalización de matrícula. ENLACE

 

- Anexo para o centro ENLACE

 

- Autorización Imaxe alumno ENLACE

 

- Autorización saídas ENLACE

 

- Autorización alumnado que utiliza transporte ENLACE

 

- Autorización do alumnado que non utiliza transporte ENLACE

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

 

- Informe médico sanitario do pediatra en caso de intolerancias, alerxias ou enfemidades significativas.

 

- 4 fotos tamaño carné co nome e apelidos escritos na parte de atrás.( Ed. infantil 3 anos)

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

As familias do alumnado de Educación infantil, xa podedes reservar ou mercar os libros que se publican nesta nova da web. 

As familias do alumnado de Educación Primaira, deberán permanecer atentas ó ABALAR e a páxina web do centro, xa que a través destes medios serán informados nas primeiras semanas de xullo, das posibles adxudicacións de vales e libros de texto.

Si tedes mercar en todos os cursos de Educación Primaria, o libro de inglés "ACTIVITY PACK da Editorial RICHMOND", por ser material funxible.

LIBROS DE TEXTO DE 1º DE EDUC PRIMARIA.pdf

LIBROS DE TEXTO DE 2º DE EDUC PRIMARIA.pdf

LIBROS DE TEXTO DE 3º DE EDUC PRIMARIA.pdf

LIBROS DE TEXTO DE 4º DE EDUC PRIMARIA.pdf

LIBROS DE TEXTO DE 5º DE EDUC PRIMARIA.pdf

LIBROS DE TEXTO DE 6º DE EDUC PRIMARIA.pdf

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

 

 

 Aquelas familias que esteades interesadas en visitar e coñecer o noso centro, de cara a matriculación para o novo curso 2022-2023, poderán facelo nas xornadas de portas abertas, que serán nas seguintes datas:

 

            LUNS 14 DE FEBREIRO de 16:00h. a 18:00h.

            MARTES 15 DE FEBREIRO de 18:00h a 19:00h

 

Invitámolos a coñecer o funcionamento do noso centro a través dos diferentes apartados desta web, onde poderán acadar información sobre as nosas instalacións, servizos que ofrecemos e  algunhas actividades que desenvolvemos. Tamén lles deixamos a dirección dalgún dos nosos blogues de interese, onde verán máis actividades que desenvolvemos co noso alumnado: 

- Blogue da biblioteca:

  http://meigatintureira.blog 

- Blogue de Dinamización da Lingua Galega

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapaz/?q=taxonomy/term/78

 

O prazo de entrega das solicitudes de admisión, será entre o 1 e o 20 de marzo, pero nas próximas semanas publicarase máis información relacionada con este proceso de admisión, por se houbera algunha modificación.

MAIS INFORMACIÓN:  

www.edu.xunta.gal

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/2023

 Iníciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 2022-2023.

 

PRIMEIRA FASE: RESERVA DE PRAZA

Prazo: 11 xaneiro-8 febreiro

Solicitude: Anexo I

Lugar de entrega: secretaría do noso centro

Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia realizar 1º da ESO no curso 22-23 no noso centro adscrito, o IES Coruxo. Deberán entregar na secretaría do noso centro o Anexo I de reserva de praza cuberto e asinado.

Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. ENLACE

O alumnado que estea actualmente matriculado nalgún curso no noso centro e que non vaia cambiar de colexio, non necesita facer ningún trámite, a súa praza queda automaticamente reservada para o curso seguinte. Se desexan facer algún cambio con respecto a materia optativa relixión/valores, deberán solicitar este cambio no centro durante este prazo.

 

SEGUNDA FASE:  NOVA ADMISIÓN

Prazo: 1-20 marzo

Solicitude: Anexo II

Lugar de entrega: O centro de destino

Esta segunda fase vai dirixida ao:

- Alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO nun instituto diferente ao IES Coruxo.

- Alumnado dos distintos cursos do noso centro que queira cambiar de colexio.

- Alumnado que se escolariza por primeira vez: 4º Educación Infantil (3 anos)

 

Nas próximas semanas publicarase  máis información relacionada con este proceso de admisión.

MAIS INFORMACIÓN:  

www.edu.xunta.gal

Calendario reunións iniciais

Calendario das reunións iniciais coas familias do alumnado.

MARTES, 21 DE SETEMBRO

16:00h 

E. Infantil 4 anos - aula de 4 anos.

16:15h 

E. Infantil 5 anos - aula de 5 anos.

16:30h

1º E. Primaria - biblioteca (entran no centro pola porta preto das casas de mestres).

4º de E. Primaria - comedor (entran no centro pola porta preto do pavillón).

MARTES, 28 DE SETEMBRO:

16:00h

2º E. Primaria - biblioteca (entran no centro pola porta preto das casas de mestres).

3º E. Primaria - comedor (entran no centro pola porta preto do pavillón).

16:30h

 6º E. Primaria - pavillón (entran no centro pola porta preto das casas de mestres).

 5º A e 5º Bº E. Primaria - nas súas aulas.

 (entran no centro pola porta preto do pavillón)

 

16:45h

 E. Infantil 3 anos - aula de 3 anos. (entran no centro pola porta preto das casas de mestres)

Circular Benvida Curso 2021/2022

Reciban de parte do Colexio a benvida neste curso 2021-22 e algunhas informacións:

 

HORARIOS

Madrugadores:

7:45h a 9:15h

Entrada:

Infantil: 09:10h (porta principal)

1º/2º: 09.00h (porta principal)

3º/4º: 09:10h (porta ludoteca)

5º/6º: 09:00h (porta ludoteca)

O alumnado transportado terá prioridade e entrará polo portalón.

Os irmáns poderán entrar xuntos co horario do irmán menor.

Recreos:

E. Infantil e 1º e 2º de E.P: 11:30h a 12:00 h

De 3º a 6º de E. Primaria : 12.00h a 12:30 h

Saída:

E. Infantil 13:45h

E. Primaria 14:00h

Comedor:

13:30h  a 14:45h

Recollida do alumnado entre 15:00h e 15:15h

Saída autobuses: de 15:15h a 15:25h

Actividades Extraescolares:

Pendente instrucións de inspección

Titorías   (previa cita)

Martes de 17:30h a 18:00h

Orientación (previa cita)

Xoves e Venres

Secretaría

Luns de 09:15h a 10:00h

Venres de 10:00h a 11:30h

 

Equipo Directivo:

Directora: Elena Pena Romero

Xefa de Estudos: Mª Elena Valle Fernández

Secretario: Mª Jesús de Busto Jorge

 

Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:00h. horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer fora do centro e baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:00h, momento de colocarse nas súas filas e subir ás aulas.

 

O Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, lles permitirá ás familias que o precisen, deixar aos seus fillos/as a partir das 07:45 no centro escolar.

 

AS FAMILIAS NON PODERÁN ENTRAR NO CENTRO. Se precisan dar algunha información aos docentes, deberán avisar a traves do alumnado que se acercará á porta, se lle é posible.

 

O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitarse retrasos, pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.

 

Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.

 

Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso.

 

Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.

 

SERVIZO DE COMEDOR, Pagarase sempre nos primeiros días de cada mes, asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telemáticamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro.

Cando os rapaces non empreguen este servizo, terán que comunicalo ao centro antes das 10:00h da mañá. Se non ese día seralle aboado de igual maneira.

 

                                                        PERíODOS NON LECTIVOS

  • Nadal:  do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos inclusive. 
  • Entroido: do 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo. 
  • Semana Santa: do 11 ao 18 de abril, ambos inclusive 
  • Días non lectivos:  propostas o 7 de decembro martes, ou 16 de maio que é luns. 
  • Remate do curso: 22 de xuño.

  

                        Un saúdo. 

Equipo Directivo e Claustro de Profesorado do CEIP A Paz 

 

DESCARGA CIRCULAR BENVIDA

LISTAS DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 21-22

Publicamos as listas definitivas da adxudicación do Fondo de Libros para o curso 21-22.

Estes libros de texto serán entregados polas titoras ao alumnado unha vez iniciado o curso escolar.

Con respecto aos vales, tanto de material para toda primaria, como para a compra de libros para 1º e 2º curso, serán entregados os días 7, 8 e 9 de xullo en horario de 10 a 14h. Aqueles vales que queden sen recoller poderán ser recollidos na primeira semana de setembro.

Para a recollida dos vales non esquezan traer o DNI da persoa solicitante, ou autorización firmada polo solicitante no caso de que sexa outra persoa a que faga a retirada do vale.

 

Listas Definitivas 3º curso: Enlace adxudicacións

Listas Definitivas 4º curso: Existen libros para todo o alumnado

Listas Definitivas 5º curso: Enlace adxudicacións

Listas Definitivas 6º curso: Existen libros para todos o alumnado

 

Aclaracións:

- Ao alumnado de 3º recoméndaselle non mercar ningún libro de texto ata unha vez iniciado o curso escolar, xa que é posible que haxa exemplares para todos.

 - Lembren que o caderno de inglés debe ser mercado por todo o alumnado, xa que é considerado material funxible.

 

Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es

Teléfono: 886120271

Distribuir contido