Skip to Content

Novas

Semana da Prensa e 8M

                                 

 

Así de feito quedou o primeiro andar con motivo da celebración do Día de rosalía e máis o 8M. Cada clase elaborou unha nova protagonizada por unha muller, enchendo a planta de inspiración e exemplos de superación. Na próxima actualización, retomaremos a "Canción do Mes" e anunciaremos aos gañadores do Certame Literario na modalidade de "Poesía". 

 

Saúdos!

GAÑADOR DE FEBREIRO NA "CANCIÓN DO MES"

 

 

Pepe proclámase gañador da "Canción do mes" durante este febreiro. 

 

PARABÉNS, PEPE!

GAÑADOR DA CANCIÓN DO MES

 

E aquí está Antón, o noso gañador da "Canción do mes" co tema "Terra". 

 

PARABÉNS, ANTÓN!

Gañadores Certame Literario "Emilia García Barreiro", modalidade de "Contos de Nadal".

Velaquí os gañadores do Certame Literario "Emilia García Barreiro" na modalidade de "Contos de Nadal". Todos as candidaturas fixeron un gran traballo e aportaron historias moi divertidas e orixinais. Con todo, o Equipo EDLG decidiu escoller coma gañadores as pertencentes a Pepe (1º Ciclo), Martín (2º Ciclo) e Alís (3º Ciclo).

PARABÉNS!

 

 

 

 

 

CANCIÓN DO MES DE NOVEMBRO

A canción gañadora do mes de novembro é..."Muiñeira de Limiñoa", aportada pola compañeira Adriana de 6ºB. Estamos desexando escoitala soar durante uns cantos días.

Grazas!

PREMIO RECEITA DE SAMAÍN (TERCEIRO CICLO)

 

O gañador foi...Anxo! 

 

PARABÉNS!

GAÑADORES CONCURSO DE RECEITAS DE SAMAÍN 2023

Bo día dende o CEIP Anxo da Garda! Estes son os gañadores do concurso de receitas de Samaín celebrado no mes de outubro. Trátase de Carlos (categoria de Infantil), Fernando (1º ciclo), Alva (2º ciclo) e mais Anxo (3º ciclo). A foto do gañador correspondente ao terceiro ciclo publicarase a semana que ven.

 

PARABÉNS!

 

 

 

PRIMEIRA EXPO CABAZA

 

PRIMEIRA "EXPO CABAZA"

Estes días estamos a expoñer todas as cabazas que decorou o alumnado de cara á próxima festividade de Samaín. Agardamos que sexa a primeira exposición de moitas, algo do que non temos dúbida, dada a excelente participación que estamos a ter.

CANCIÓN DO MES

Queridas e prezadas familias. Desde eo equipo de EDLG do noso colexio, queremos facervos partícipes, agora e máis que nunca, das nosas actividades. Por iso, pedímosvos a vosa colaboración co novo concurso mensual chamado "A CANCIÓN DO MES". O único que tedes que facer é axudarlles aos vosos cativos a escoller unha canción en galego (sen connotacións ofensivas nin sexistas) para que poidan participar. Para que poidades darlle lustre a este reto, facilitarémosvos unha lista de cancións en galego que podedes atopar no blogue EDLG do centro, deste xeito, non teredes escusa posible para non facer da "Canción do mes" a actividades máis amena do curso.

Velaquí a devandita lista:

 

https://spotify.link/b4mMlS2MpDb

 

https://spotify.link/mb6w5GjNpDb

Palabra do mes

PALABRA DO MES DE FEBREIRO

A palabra gañadora do mes de febreiro resultou ser "leira". Segundo a Real Academia Galega, significa "terreo de labranza." Algúns sinónimos son agro, eido ou veiga.

Distribuir contido


by Dr. Radut