O mes pasado comezamos a nosa recompilación de refráns (para poñer no taboleiro do EDLG) relacionados cos meses do ano. Agora o taboleiro ten que ser de xeito virtual, así que, aquí tedes algúns dos refráns do mes de marzo:
Por lonxitude serían o Miño (350 km.), o Sil (228 km.), o Navia (159 km.), o Támega (145 km.), o Tambre (134 km.) e o Ulla (132 km.). Mais o Navia e o Támega non só pasan por Galicia (o Navia desemboca en Asturias e o Támega en Portugal). Así que esta cuestión podería ter varias interpretacións.
A solución á pregunta de onte é: 313. Galicia ten 313 concellos dos cales 93 pertencen á provincia de A Coruña, 61 a Pontevedra, 92 a Ourense e 67 a Lugo.
Bos días! Hoxe comezamos este novo desafío. Cada día poñerase unha pregunta á que se lle dará resposta ao día seguinte. Convídovos a investigar e descubrir cousas novas sobre a nosa comunidade!!