Skip to Content

Secretaría

Recollida de material e obxectos persoais do alumnado.

O Ministro de Sanidade confirmou que a Comunidade Autónoma de Galicia entra na Fase 2 da desescalada o luns 25 de maio, polo tanto o profesorado xa pode incorporarse aos centros educativos.

Sabemos que as familias estades desexando acudir ao Centro para recoller o material e os obxectos persoais dos alumnos/as que quedaron nel no inicio do Estado de Alarma. Para isto temos establecido unhas datas e unhas quendas para poder cumprir o protocolo de seguridade sanitaria, evitando aglomeracións.

As normas de acceso ao centro son básicas:

- Unha única persoa por familia para recoller as pertenzas do alumnado. Prohibido o acceso ao Centro con menores.

- Na entrada botar xel hidroalcohólico nas mans. Obrigatorio o uso de mascarilla dentro do Centro.

- Permanecer no interior o menor tempo posible.

- Horario de recollida de material de 11:00 a 13:00h, para non interferir con outras tarefas administrativas do Centro.

Quedan establecidas as seguintes quendas:

  • Martes 26 de maio de 11 a 13h: familias de 2ºA e 2ºB de Educación Primaria.

  • Mércores 27 de maio de 11 a 13h: familias de de Educación Primaria.

  • Xoves 28 de maio de 11 a 13h: familias de Educación Infantil (4º, 5º e 6º). Neste caso entregaranse os traballos realizados polo alumnado ao longo do curso.

  • Venres 29 de maio de 11 a 13h: recollida de material das actividades extraescolares (patíns) e familias das outras quendas que non poideran vir na quenda establecida para elas.

  • Luns 1 de xuño de 11 a 13h: familias de 3º e 4º de Educación Primaria.

  • Martes 2 de xuño de 11 a 13h: familias de 5ºA, 5ºB e 6º de Educación Primaria.

 

No momento de vir ao centro lembren facer a entrega dos libros de préstamo da Biblioteca do Centro e das Mochilas Viaxeiras que podan estar nos domicilios dos alumnos/as.

Proximamente comunicaremos as datas de entrega por parte das familias dos libros de texto do Fondo Solidario deste curso 19-20 (esta devolución é obrigatoria para percibir a axuda do vindeiro curso) e a entrega dos cheques e a publicación de listaxes do Fondo Solidario do curso 20-21.

Agradecemos de antemán a súa colaboración.

Axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021.

Hoxe martes 19 de maio publícase no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de fondolibros de cara ao vindeiro curso 2020/21. Estas axudas son exclusivamente para o alumnado que cursará estudos de Ed. Primaria ou Secundaria o vindeiro ano académico. O prazo comeza o 20 de maio e durará ata o 19 de xuño. Preferentemente realizarase a presentación de solicitudes por vía telemática. Tamén pode facerse presencialmente na secretaría do colexio en horario de 9:30h a 11:00h, respectando as medidas sanitarias en vigor, e as establecidas polo propio centro.

A continuación deixamos enlaces con información de interese para esta convocatoria.

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Acceso á aplicación fondo libros.

Anexo de solicitude.

Reapertura do prazo de admisión de alumnado.

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a Dirección do Centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 12h na secretaría do Centro.
  • A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. (Recoméndase entregala do 11 ao 18 de maio)
  • Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido o 8 de xuño.
  • Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 9:30 a 11h na secretaría do Centro.
  • Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en secretaría en horario de 9 a 10h: do 1 ao 10 de xullo 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO CENTRO

  1. Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
  2. Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto. Dentro do posible deben de seguir as instrucións das autoridades sanitarias, empregando mascarilla e guantes.

O Centro abre o luns 11, co persoal imprescindible e exclusivamente para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, continuarase empregando o correo electrónico:                                                              ceip.anxo.dagarda@edu.xunta.gal

Información de interese para as familias.

O Concello pon en marcha a campaña “Ninguén atrás” para cubrir as necesidades educativas das e dos escolares con dificultades de acceso aos recursos dixitais.

O vindeiro martes as familias con fillas ou fillos que cursen calquera das etapas da ensino escolar poderán chamar ao 981 184 294 para lle trasladaren ao Concello as súas dificultades e poderen acceder ao material didáctico e aos recursos dixitais.

www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/o-concello-pon-en-marcha-a-campana-ninguen-atras-para-cubrir-as-necesidades-educativas-das-e-dos/suceso/1453724517957

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

 

*IMPORTANTE:  Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

A Consellería de Educación establece o prazo dunha semana, unha vez aberta a Secretaría do Centro, para presentación de solicitude de admisión de xeito presencial.

Polo tanto, estableceranse novos prazos de publicación de listaxes de admitidos e non admitidos unha vez finalizado o novo prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Na sede electrónica do 1 ao 20 de marzo: www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

Nota informativa e vacantes.

Criterios de valoración.

Anexo II (ED550B).

Mapa zonas educativas.

Distribuir contido


by Dr. Radut