Skip to Content

Taboleiro de anuncios

Distribución de máscaras exclusivamente para alumnado de Educ. Primaria.

 

A Consellería acaba de publicar no DOG a Orde que regula a distribución de máscaras exclusivamente para alumnado de Educ. Primaria. O alumnado de Educ. Infantil non é destinatario desta axuda.

 

Poden ler a convocatoria no seguinte enlace: orde do 6 de novembro de 2020.

 

Serán destinatarios desta axuda as familias con renda per cápita inferior a 6.000 euros e referida á situación familiar e renda no ano 2018.

 

TRÁMITE:

 

1. As familias que recibiron no seu momento o vale de axuda de material escolar deste curso 20-21, NON DEBEN FACER NINGÚN TRÁMITE. XA TEÑEN AS MÁSCARAS CONCEDIDAS.

Repartiranse as máscaras no centro, no seu momento, seguindo instrucións que dará a Consellería. Avisarase máis adiante.

 

2. As familias con renda per cápita inferior a 6.000 euros e que non solicitasen a axuda de material no seu momento, deben presentar o anexo I, II e a documentación pertinente, segundo os criterios alegados. Prazo 10 días hábiles, desde o luns 16 de novembro ata o 27 de novembro de 2020.

Repartiranse as máscaras no centro, no seu momento, seguindo instrucións que dará a Consellería, a aquelas familias que cumpran os requisitos. Avisarase máis adiante.

 

Anexo I e II. (Poden descargalo desde este enlace ou solicitar copia en papel en conserxería)

 

REUNIÓNS PARA PAIS/NAIS DE INICIO DE CURSO 20-21.

As reunións grupais de inicio de curso serán seguindo o seguinte calendario:

Infantil:

- 4º E.I.: reunións xa realizadas.

- 5º E.I.: algunha reunión xa realizada e outras convocadas xa pola mestra-titora.

- 6º E.I.: luns 14 de setembro ás 17:30h no salón de actos.

Primaria:

- 1ºA:  luns 14 de setembro ás 16:30h na aula de 1ºA.

- 1ºB:  luns 14 de setembro ás 17:00h na aula de 1ºB.

- 2º: martes 15 de setembro ás 17:30h no salón de actos.

- 3ºA: mércores 16 de setembro ás 17:30h no salón de actos.

- 3ºB: xoves 17 de setembro ás 16:00h no salón de actos.

- 4º: xoves 17 de setembro ás 18:00h no salón de actos.

- 5ºA: martes 15 de setembro ás 16:30h na aula de 5ºA.

- 5ºB: martes 15 de setembro ás 17:00h na aula de 5ºB.

- 6ºA: mércores 16 de setembro ás 16:30h no comedor do centro.

- 6ºB: mércores 16 de setembro ás 17:00h na aula de 6ºB.

 

Normas para todas as reunións:

- Unha única persoa por cada familia.

- Obrigatorio máscara e facer hixiene de mans na entrada. 

- Deben gardar a distancia de seguridade.

- Non pode acudir alumnado a ningunha reunión.

- Deben chegar á hora establecida para cada un dos grupos para evitar aglomeracións na entrada.

Listaxes de material escolar 20-21

Educación Infantil:

Listaxe 4º E.I.

Listaxe 5º E.I.

Listaxe 6º E.I.

 Educación Primaria:

Listaxe de 1º nivel (grupos A e B)

Listaxe de 2º nivel

Listaxe de 3º nivel (grupos A e B)

Listaxe de 4º nivel

Listaxe de 5º nivel (grupos A e B)

Listaxe de 6º nivel (grupos A e B)

 O alumnado debe traer o seu material ao  longo dos primeiros días. Debido á carga excesiva de peso, non deben aportalo todo xunto o primeiro día. Todo o material debe vir co nome do alumno/a correspondente.

Información de inicio de curso 2020-2021

Estimadas familias:

Todo o Equipo Docente e o Equipo Directivo queremos darvos a benvida a este novo curso académico.

Somos conscientes de que estamos a vivir unhas circunstancias moi complicadas e cheas de incertezas pero coa comprensión, paciencia, colaboración e apoio de todos e todas cumpriremos o noso cometido como Centro e como Comunidade Educativa.

Este curso temos moitos cambios e novidades que estamos a adaptar á realidade do noso centro.

O mércores día 9 de setembro publicaremos na web o Plan de Adaptación Covid do noso centro, nel se inclúen aspectos como:
Accesos ao centro, horarios de entrada e saída, equipo Covid, espazo Covid, grupos estables, xestión dos gromos, declaración responsable dos pais/nais, normas de hixiene,…

Adiantamos, como xa publicou a Consellería, que o inicio das clases vai ser escalonado do seguinte xeito:

-    Xoves 10 de setembro comezarán:

4º E.I.: segundo o período de adaptación xa publicado na web.
5º E.I.: tamén farán, excepcionalmente, período de adaptación. Xa está publicado na web.
1º, 2º e 3º de E.P.
O mércores día 9 tamén publicaremos o horario de entrada e saída de cada curso.

-    Venres 11 de setembro comezarán:

6º E.I.: tamén farán, excepcionalmente, período de adaptación. Xa está publicado na web.
4º, 5º e 6º de E.P.

O mércores día 9 tamén publicaremos o horario de entrada e saída de cada curso.

Os horarios de entrada e saída serán os mesmos para todo o curso coa finalidade de evitar aglomeracións, tanto nas entradas como nas saídas.

Outro cambio son os desdobramentos dalgúns grupos para poder cumprir co protocolo da Consellería, non pode haber máis de 25 alumnos/as en cada grupo estable. Poden consultalos no apartado Organigrama, así como o titor/a de cada un deles. Tamén informaremos das listaxes co material que deberá traer o alumnado.
Avisarase por Abalarmóbil do grupo no que queda matriculado cada alumno/a. Ata o día 9 a aplicación Abalarmóbil non estará operativa para este curso académico.

Desde o 1º día o alumnado deberá traer todos os días ao Centro a máscara, unha funda para gardala de ser o caso e outra máscara de reposto. Todo o alumnado, tanto de Infantil como de Primaria, deberá entrar coa máscara posta ao Centro.

Lembramos a importancia de estar atentos á web e agradecemos toda a paciencia e colaboración que seguro redundará en beneficio de todos/as. Todos os profesionais estamos a traballar na preparación deste curso, que debe cumprir o protocolo sanitario e educativo, e pensando na seguridade e benestar de toda a Comunidade Educativa.

Recibide un cordial saúdo.

A Directora

Cristina Culebras Yáñez.

Información importante sobre os cursos de Educación Infantil e Primaria neste curso 20-21

Informamos que a Consellería de Educación desdobrou os grupos que tiñan máis de 25 alumnos/as. Polo tanto, este curso académico teremos as seguintes unidades en funcionamento:

Na planta baixa:

-4º E.I.

-5º E.I.

 

No 1º andar:

-6º E.I.

-1ºA

-1ºB

-2º

-3ºA

-3ºB

 

No 2º andar:

-4º

-5ºA

-5ºB

-6ºA

-6ºB

Polo tanto, non van existir aulas para as distintas especialidades (nin inglés nin música). O alumnado non vai cambiar de aula, a excepción do alumnado matriculado en Relixión porque na súa aula impartirase Educación en Valores (son áreas que se imparten simultaneamente). Será o profesorado especialista quen entre na titoría correspondente.

Os pais/nais recibiredes un aviso por Abalarmóbil co grupo-clase onde queda matriculado o voso fillo/a (grupo A ou grupo B). Por Lei de Protección de Datos non se poden publicar listaxes na web do cole nin no taboleiro de anuncios.

Seguiremos a ter a Biblioteca aberta para o servizo de préstamo de libros e a aula de Informática pola importancia que adquire nestes momentos para a formación do alumnado no manexo da aula virtual do Centro. Obviamente coas medidas hixiénicas e de desinfección que impón o protocolo da Consellería de Educación.

Estamos á espera de que a Consellería de Sanidade levante as restriccións na cidade da Coruña para poder organizar as reunións coas familias de inicio de curso (nestes momentos só poden reunirse un máximo de 10 persoas). Comunicarase no seu momento como quedan establecidas (datas, horas e lugar).

 

Periodo de adaptación en 5º e 6º de Educación Infantil

Excepcionalmente, e debido as circustancias vividas polo alumnado nestes últimos meses, este curso académico haberá un periodo de adaptación nestes dous niveis de E.I.

Quedará do seguinte xeito:

Desde o primeiro día de clase ata o 18 de setembro o alumnado de 5º e 6º de E.I. acudirá de 10:00 a 13:40h.

Desde o 21 de setembro o horario será completo.

Distribuir contido


by Dr. Radut