Skip to Content

Novas

CANCIÓN DO MES

Queridas e prezadas familias. Desde eo equipo de EDLG do noso colexio, queremos facervos partícipes, agora e máis que nunca, das nosas actividades. Por iso, pedímosvos a vosa colaboración co novo concurso mensual chamado "A CANCIÓN DO MES". O único que tedes que facer é axudarlles aos vosos cativos a escoller unha canción en galego (sen connotacións ofensivas nin sexistas) para que poidan participar. Para que poidades darlle lustre a este reto, facilitarémosvos unha lista de cancións en galego que podedes atopar no blogue EDLG do centro, deste xeito, non teredes escusa posible para non facer da "Canción do mes" a actividades máis amena do curso.

Velaquí a devandita lista:

 

https://spotify.link/b4mMlS2MpDb

 

https://spotify.link/mb6w5GjNpDb

Palabra do mes

PALABRA DO MES DE FEBREIRO

A palabra gañadora do mes de febreiro resultou ser "leira". Segundo a Real Academia Galega, significa "terreo de labranza." Algúns sinónimos son agro, eido ou veiga.

Palabra do mes

A palabra gañadora do mes de xaneiro resultou ser "lacazán". Segundo a Real Academia Galega, "lacazán" defínese coma alguén que non é amigo de traballar e que pasa o máis do tempo sen facer nada.

Vémonos o mes que ven!

 

Palabra do mes

Decembro

 

      

 

A palabra gañadora do mes de decembro resoltou ser "folerpa". Segundo a Real Academia Galega, "folerpa" é cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva.

Palabra do mes

Novembro

      

A palabra gañadora do mes de novembro resoltou ser "luar". Segundo a Real Academia Galega, "luar" defínese coma a luz do Sol reflectida pola Lúa, que ilumina a Terra durante a noite

Palabra do mes

Outubro

        

 

A palabra gañadora do mes de outubro resultou ser "cigallada". Segundo a Real Academia Galega, "cigallada" é a comida que leva o paxaro no peteiro para alimentar as crías.

 

Palabra do mes de maio

 

Aquí temos a palabra do mes de maio: FIBELA.

Segundo a Real Academia Galega, fibela é unha peza de metal ou doutro material, xeralmente con unha ou máis puntas montadas nun eixe, que prende unha correa, fita, etc.

As palabras finalistas foron: LEIXAPRÉN, ARCO DA VELLA, BUXAINA, COENLLO, PALLEIRO e FILLOA.

 

Palabra do mes de abril

A palabra do mes de marzo, achegada por Manuela de 6º, é XANEIRA.

Segundo a Real Academia Galega, xaneira ten dúas acepcións: 

1) Lúa de xaneiro.

2) Cántigas populares que se cantan na véspera do Aninovo, para desexar un bo ano.

 

Palabra do mes de marzo

 

Aquí temos a palabra do mes de marzo: TRAPALLADA.

Segundo a Real Academia Galega, trapallada é unha cousa mal feita, sen coidado nin arte. Ten moitos sinómimos como chafallada, chambonada, chapuza, zarangallada ou zarapallada.

As palabras finalistas foron: abracadabrante, terra, xaruto e badaladas.

 

Palabra do mes de febreiro

 

Aquí temos a palabra do mes de xaneiro: ARDENTÍA.

Segundo a Real Academia Galega, ardentía ten tres acepcións: 

1) Fosforescencia ou luminosidade das augas mariñas, producida polos movementos dos peixes ou doutros organismos que habitan nelas.

2) Calor ou sensación de calor intensa.

3) Ardor de estómago.

As palabras finalistas foron: riquiño, cantareiras, teixugo, choqueiros, entroido, encanto, gafume e amor.

Distribuir contido


by Dr. Radut