Blogue de gladys.enriquez

BENVIDO NOVEMBRO

Menú de novembro

Podedes descargar o menú no documento adxunto nesta publicación.

MAGOSTO 2023

Que día tan máxico queda no noso recordo. Hoxe desfrutamos dunha xornada familiar, única e moi enxebre.

Agradecervos a participación, o tempo dedicado para deleitarnos coas doces e por tanta familiaridade.
Grazas a todos os que nos visitastes, aos nenos e nenas do PAI e por suposto, á ANPA. A vosa colaboración permitiunos desfrutar dun delicioso chocolate e da maxia de ver asadas as castañas da maneira máis tradicional.

Esta é a primeira das moitas xuntanzas que agardamos ter.

Seguimos a crear e a inmortalizar recordos!

Podedes acceder ao vídeo clicando na seguinte imaxe: 

FESTA DE SAMAÍN

FESTA DE MAGOSTO

Comprácenos invitarvos á festa de Magosto do colexio, que terá lugar o vindeiro venres 27 de outubro. No cartel podedes ver a planificación do día, que compartiremos cos nenos/as e familias do Punto de Atención á Infancia.

 

Esperámosvos!

Podedes descargar o cartel no documento adxunto nesta publicación.

MURAS E OS MIL MUNDOS: PRIMEIRA VIAXE

A NOSA PRIMEIRA VIAXE

O proxecto Muras e os Mil Mundos arrancou na nosa contorna. Para viaxar e coñecer outros lugares, é necesario atender ao que nos rodea co fin de valorar os nosos tesouros.

Despois de ter enviada a carta ao alcalde do concello, solicitando información, chegounos unha caixa do máis especial. Nela atopamos folletos, libros, carteis…ademais dun agasallo!

Con esta información, preparamos a nosa propia exposición. Está aberta para todos os que desexedes vela!

Cal será o próximo destino? 

Clicade na seguinte imaxe para acceder ao vídeo resumo do traballo:

 

 

OBRADOIRO DE IGUALDADE

 Nesta semana recibimos a visita de Sara para continuar co programa de igualdade, organizado por COEDUCA.

Nestas sesións aprendimos e reflexionamos, a través do xogo, o debate e o baile.

Algúns dos temas tratados foron:

  • O uso dos videoxogos e das redes sociais.
  • Análise e crítica das letras das cancións.

Encantounos! Agardamos repetir o vindeiro ano.

Podedes ver o vídeo resumo clicando na imaxe:

 

 

VISITA A TROPIC GAIA

Comezamos a semana por todo o alto visitando un recanto de Morás, en Xove. Máis concretamente, adentrámonos no pequeno mundo de Tropic Gaia para coñecer o traballo de Andrea González Río, unha moza mariña que decidiu cultivar a súa propia froita para a elaboración de riquísimas marmeladas con receita tradicional: kiwis, amorodos e physalis, froita tropical que tamén cultiva na Mariña de Lugo. Todo é da súa horta, e sen produtos que poidan alterar a súa calidade!

Nesta saída indagamos nas técnicas e nas diversas maneiras de cultivar froita tropical, ademais de participar na recolleita e degustación destas. Estaban boísimas!

Agradecemos a acollida e a experiencia que ofreceu Andrea aos nosos nenos e nenas. E por suposto, agradecer á ANPA a oportunidade que nos brindou organizando esta actividade; grazas por acompañarnos e por vivenciar a ilusión que desprenden estas aventuras.

 

Estamos desexando coñecer novos recantos! Podedes ver a memoria fotográfica do día clicando na seguinte imaxe:

 

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Malia ser unha semana curtiña, marchamos coa mochila cargada de experiencias.

De antemán, agradecer á ANPA a oportunidade que deron ao noso alumnado de experimentar a gravación dun programa de radio.

Esta primeira formación veu da man de COEDUC@, e máis concretamente de Pilar. Os nenos e as nenas falaron da importancia da perspectiva de xénero, empregando a radio como mecanismo de difusión.

A vindeira semana recibiremos a segunda sesión, centrada no baile.

Que non deixen de chegar estas oportunidades únicas!

 

Podedes ver as imaxes desta xornada clicando na seguinte fotografía:

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer