VISITA A TROPIC GAIA

Comezamos a semana por todo o alto visitando un recanto de Morás, en Xove. Máis concretamente, adentrámonos no pequeno mundo de Tropic Gaia para coñecer o traballo de Andrea González Río, unha moza mariña que decidiu cultivar a súa propia froita para a elaboración de riquísimas marmeladas con receita tradicional: kiwis, amorodos e physalis, froita tropical que tamén cultiva na Mariña de Lugo. Todo é da súa horta, e sen produtos que poidan alterar a súa calidade!

Nesta saída indagamos nas técnicas e nas diversas maneiras de cultivar froita tropical, ademais de participar na recolleita e degustación destas. Estaban boísimas!

Agradecemos a acollida e a experiencia que ofreceu Andrea aos nosos nenos e nenas. E por suposto, agradecer á ANPA a oportunidade que nos brindou organizando esta actividade; grazas por acompañarnos e por vivenciar a ilusión que desprenden estas aventuras.

 

Estamos desexando coñecer novos recantos! Podedes ver a memoria fotográfica do día clicando na seguinte imaxe:

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer